A reserva dos encoros galegos sitúase no 86 % cando Galicia está a piques de recibir unha forte treboada

Os encoros galegos contan con 3.190 hectómetros cúbicos, segundo os datos publicados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica este martes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2025 | Actualizada ás 15:19

Comparte esta noticia

Os encoros galegos contan con 3.190 hectómetros cúbicos, o 85,9 % do total, segundo os datos publicados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica este martes. De tal forma, os encoros da reserva de Miño-Sil, os de maior capacidade en Galicia, están ao 87,2 %, medio punto menos que a semana anterior, con 2.642 hectómetros cúbicos. Mentres, os encoros de Galicia Costa sitúanse en torno ao 80 %, neste caso un ascenso ata os 548 hectómetros cúbicos. Na última semana as precipitacións afectaron considerablemente á vertente atlántica e en menor medida á vertente mediterránea.

Encoro no Sil
Encoro no Sil | Fonte: IBERDROLA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta