Menos persoas usaron o autobús en Galicia no mes de abril

O uso do transporte urbano en Galicia caeu un 3,8% en abril deste ano en comparación co mesmo mes de 2024.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2025 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

O número de usuarios de transporte urbano por autobús en Galicia caeu un 3,8% en abril, en comparación co mesmo mes de 2024, segundo datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press. En concreto, foron máis de 5,59 millóns de usuarios os que optaron por viaxar en bus urbano en abril. Así, no que vai de exercicio esta cifra creceu un 7,8% respecto ao período de xaneiro-abril de 2024.

A nivel nacional, os usuarios de bus urbano baixaron un 2,9% en abril, con 174,3 millóns e aumentaron un 3,5% no que vai de ano, e o transporte ferroviario de alta velocidade continúa o seu crecemento en España. En abril, máis de 3,72 millóns de viaxeiros optaron polo AVE, o que supón un incremento do 17,5% respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Autobús da concesionaria de bus urbano de Vigo, Vitrasa. CONCELLO DE VIGO
Autobús da concesionaria de bus urbano de Vigo, Vitrasa. CONCELLO DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta