Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2025 | Actualizada ás 19:12
Os encoros galegos contan esta semana con 3.114 hectómetros cúbicos, situándose no 83,84% da súa capacidade, o que supón case dous puntos menos respecto da semana pasada, segundo os datos publicados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica este martes.
En concreto, os encoros da reserva de Miño-Sil, os de maior capacidade en Galicia, están ao 86,6%, medio punto menos que a semana anterior, con 2.624 hectómetros cúbicos.
Mentres, os encoros de Galicia Costa sitúanse en torno á 71,6% fronte ao 80% de fai sete días ao pasar de 548 hectómetros cúbicos a 490.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.