Guerra mediática

Na xa chamada "campaña máis sucia dos últimos anos" entraron xa tamén os medios de comunicación...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/02/2009 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

Tamén Faro de Vigo dá unha visión diferente á posición que, sobre esta foto, aporta La Voz de Galicia. Se o xornal de Jacinto Rey asegura que Touriño "marcó distancias" co seu número dous por esta foto porque "no se puede mezclar política con negocios", Faro de Vigo asegura "en lugar de reprobar la actuación de su socio de gobierno, el candidato del PSdeG a la Presidencia de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, cerró filas en torno al líder nacionalista. "Sinceramente, conozco a Quintana y no le veo ninguna connivencia ni sumido en el lujo".

E nesta "guerra" vale todo, mesmo dosieres, bulos e informacións falsas. A este mesmo medio teñen chegado varios anónimos informando sobre supostas actividades "ilícitas" ou criticando a vida persoal dalgúns políticos galegos, incluídos Feijóo e Quintana. Onte mesmo, unha nova aparecida en Europa Press viña a enlamar un pouco máis a campaña. Nesta nova se aseguraba que Quintana tivera un accidente e anulaba un acto que tiña con xente moza. A noticia foi eliminada pouco despois por tratarse dunha información falsa que a axencia publicou por un erro informático. Unha situación que tamén utilizou partidariamente o propio Quintana para asegurar que é víctima dunha especie de "complot".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

44 anónimo

Fachas, sodes todos fachas os que vos metedes co BNg, Quin é un tipo honrado, vai en barco porque en avión maréase.

43 anónimo

Eu, e mira que non tiña ganas, vou votar ao Psoe polo pesado iste que reite 100 veces con distinto nome a mesma mensaxe: eu non pensaba votar (logo unha disculpa) pero vou votar ao BNG. Que és o mesmo, coño, que se che nota moito.

42 Ribeiras de Lea

Eu non pensaba votar, pero ante a campaña de calumnias do PP e os medios da dereita contra Touriño, vou votar PSOE. :-)

41 Colarte

Agora, máis que nunca temos que xuntar todo o voto galeguista en apoio ao Bloque. Eu tamén dubidaba entre a abstención e o voto nulo, pero esto xa é unha cuestión de defensa da Democracia. Este PP nunca máis! Eu tamén voto Bloque.

40 rekiano

Eu non pensaba votar, pero vista a campaña de mentiras do golpismo mediático do PP voume achegar a votar ó BNG este domingo.

Os Pedrojotas están ben para Espanha.