Guerra mediática

Na xa chamada "campaña máis sucia dos últimos anos" entraron xa tamén os medios de comunicación...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/02/2009 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

Tamén Faro de Vigo dá unha visión diferente á posición que, sobre esta foto, aporta La Voz de Galicia. Se o xornal de Jacinto Rey asegura que Touriño "marcó distancias" co seu número dous por esta foto porque "no se puede mezclar política con negocios", Faro de Vigo asegura "en lugar de reprobar la actuación de su socio de gobierno, el candidato del PSdeG a la Presidencia de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, cerró filas en torno al líder nacionalista. "Sinceramente, conozco a Quintana y no le veo ninguna connivencia ni sumido en el lujo".

E nesta "guerra" vale todo, mesmo dosieres, bulos e informacións falsas. A este mesmo medio teñen chegado varios anónimos informando sobre supostas actividades "ilícitas" ou criticando a vida persoal dalgúns políticos galegos, incluídos Feijóo e Quintana. Onte mesmo, unha nova aparecida en Europa Press viña a enlamar un pouco máis a campaña. Nesta nova se aseguraba que Quintana tivera un accidente e anulaba un acto que tiña con xente moza. A noticia foi eliminada pouco despois por tratarse dunha información falsa que a axencia publicou por un erro informático. Unha situación que tamén utilizou partidariamente o propio Quintana para asegurar que é víctima dunha especie de "complot".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

19 Feijoo el rural

retirar axudas de cartos públicos a medios de comunicación que empregan o galego de forma residual como La Voz, Faro de Vigo e todos os demáis. Coido que Xornal emprega moito o galego e ANT tamén. Aquí o único plumeiro do que se sospeita é o de Feijoo.

18 anónimo

Abogo por retirarlle todo tipo de publicacións e axudas a este xornal... SUPOÑO QUE AO XORNAL, A NOSA GUERRA, ETC.. TAMÉN, NON? OU AOS BOS E XENEROSOS NON?? PLUMEIRO, CANTO SE VOS VE A ALGUNS O PLUMEIRO DEMÓCRATA

17 Unquesabe

¡Xa sei que haberá que me califique de homófobo e politicamente incorrecto!, pero e que xa estamos chegando a fase de mandar a tomar polo cu a medio país, (ise pais "pepeiro" que decidiu facer casmpaña dende os vertedeiros)...

16 Unquesabe

borrotutxo:
¿E o veciño do 2º da casa de enfronte dunha tía segunda de Ricardo Varela en Lugo non o contrataron tamén?...
¡Non me fodas!, digoche o mesmiño, o "saúdo" con Rajoy ou con Feijoo, ¿o das tí ou cho dan a tí?...

15 Feijoo el rural

Despois das eleccións haberá que poñerse ao choio sen máis demora e regular por lei a publicidade institucional e as axudas públicas aos medios de comunicación. Non se pode permitir outra campaña de difamación, calumnias e mentiras como a que está protagonizado o diario La Voz de Galicia. Abogo por retirarlle todo tipo de publicacións e axudas a este xornal, mesmo os anuncios das consellerías para expropiacións. Que os publiquen no Ideal, na Opinión ou no Xornal. Vergoña dan estes sicarios da pluma. Moi desesperados deben andar no PP para terse vendido a este cacique coruñés dun xeito tan obsceno. Que non volte a ignominia. Se Touriño tivese levado a cabo esa lei prometida hai catro anos, agora non estariamos nestas. En fin. Forza país.