Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2025 | Actualizada ás 15:19
O Parlamento galego insta á Xunta a solicitar ao Goberno central a convocatoria da comisión mixta de transferencias para acordar o traspaso dos recursos humanos, materiais e económicos precisos para asumir a xestión dos aeródromos e heliportos galegos que non teñan a cualificación de interese xeral do Estado.
Foi na comisión institucional da Cámara autonómica, a través dunha proposición non de lei do PP que foi aprobada por unanimidade. Os populares galegos lembran que a Axencia Estatal de Seguridade Aérea xa mostrou "a vontade de deixar de asumir estas competencias e transferir estas funcións á comunidade galega". En concreto, a deputada Katy Varela reivindicou un "autonomismo útil" e enmarcou esta petición nese obxectivo, do mesmo xeito que a transferencia do litoral.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.