Temas: FUMIGACIóN

Denuncian a “fumigación” de espazos públicos en concellos de Pontevedra

AnovaTerra critica a existencia de “intereses especulativos e inxustificables” das empresas que se benefician da venta e aplicación dos químicos.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 06/06/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Este domingo celebrouse o Dia Mundial do Medio Ambiente e AnovaTerra, grupo de traballo para a posta en valor do territorio galego, aproveitou para denunciar a solicitude feita a varios concellos da privincia de Pontevedra, para aplicación de produtos fitosanitarios nas zonas de afección das estradas de titularidade estatal, que xestiona a empresa COPASA por encargo do Ministerio de Fomento.

Estado no que quedou a herba logo dunha fumigación en Ourense ao carón do río Bargaña
Estado no que quedou a herba logo dunha fumigación en Ourense ao carón do río Bargaña

Esta acción, segundo critican os ecoloxistas nun comunicado, consiste na fumigación das beiras das estradas do País con herbicidas para eliminación de matogueira e herba, entre os que se inclúe o GLIFOSATO, cuestionado pola OMS, prohibido en algúns países pola efectos sobre a saúde de persoas e animais e a fundada sospeita dos efectos cancerixenos.

Así, lembran que, pola normativa aplicable, a empresa adxudicataria solicita autorización aos concellos, sin aportar nalgúns casos a documentación necesaria para coñecemento dos traballos. “Pretende xustificar a utilización de químicos en que se trata de zonas de difícil acceso, algo insostibel cando todos os desbroces se fan coas desbrozadoras mecanicas circulando polos arcens das estradas, co agravante de que o art. 49 do Rd 1311/ 2012 atribúe ás administracións, e polo tanto tamén aos concellos, obrigas e responsabilidades no proceso de aplicación dos herbicidas”.

Por iso, denuncian a existencia de “intereses especulativos e inxustificables” das empresas que se benefician da venta e aplicación dos químicos, “cando a xestión da biomasa se pode facer polas mesmas empresas por procedimentos mecánicos con creación de postos de traballo e sen atentar contra a calidade do territorio e a saúde das persoas e animais”.

E, lembran que eses espazos son frecuentados por animais e persoas, que tanto por vías respiratorias como polas augas asimilan os activos dos produtos. “Deixan, ademais, outro problema engadido xa que o herbicida ao secar a vexetación e a terra na época de máximo risco de incendios forestais favorece a propagación rápida do lume no caso de producirse”.

AnovaTerra pide, por todo isto, ós concellos que deneguen autorización para a aplicación de herbicida prevista entre os días 15 de xuño e 15 de agosto de 2016 en estradas da provincia de Pontevedra e a cidadanía que denuncie  por entender que supón un risco par a saúde pola contaminación da terra, dos acuíferos e por supoñer unha ameaza para os animais que pastan en fincas situadas as beiras das estradas.

Temas: FUMIGACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Orensano

Ya estáis deturpando los topónimos: Río BARBAÑA.