A Renda Básica de Integración

O goberno local d’A Coruña presentará este mes no Pleno unha Ordenanza para regular a percepcIón dunha Renda Básica de Integración (RBI) por parte dos residentes que cumpran uns determinados requisitos. A medida constitúe un dos pontos fulcrais do programa electoral que o alcalde Xulio Ferreiro e a Marea Atlántica presentaron ás últimas locais de maio do 2015.

Por X.A. Pérez-Lema | A coruña | 05/06/2016

Comparte esta noticia

Esta caste de prestacións son esenciais nunha época de crecente exclusión social, coma nesta que vivimos. Na nosa Galicia, a porcentaxe de poboación en risco de exclusión medrou do 16 ao 20%, mentres que tres millóns de cidadáns españois ficaron fóra da da clase media dende que comezou a Grande Depresión. Estas Rendas garanten unha existencia  digna, concibida como dereito da persoa e resolven, dende logo, moitas cuestións que ameazan a inclusión social. Dende a pobreza enerxética, até a presión de determinados empregadores que poden usar a actual falla de cobertura social como medio coercitivo para obter traballadores que perceben o salario mínimo por dez ou once horas de traballo.

Adoita obxectarse a esta caste de prestacións un suposto efecto desincentivador sobre a busca de emprego, É dicir, habería supostamente persoas que eludirían traballar para cobrar, no seu canto, esta caste de prestacións. Cómpre desbotar este argumento de patacón. Ninguén con sentido común deixa de traballar para cobrar unha paga de pouco máis de 500 €.

Canto ao impacto na economía global, compre dicir que esta caste de rendas suple a falla dun nível mínimo de ingresos, polo que simplemente complementará, no peor dos casos, as pensións contributivas e non contributivas, subsidios por desemprego ou RISGA. E suporá unha dinamización canto aos consumos de prImeira necesidade, cun importante impacto na facturación das pemes locais

En último de contas, a Renda Social de Integración é unha solución acaída e precisa, mais certamente non abonda, para resolver os complexos problenmas de inclusión e cohesión social que os gobernantes austericidas contribuiron xerar neste tempo de recesión. E quitará moitas persoas do burato de miseria no que viven.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.