Aprendermos a historia de Galicia

A lexislación estatal distribúe as competencias para a fixación do currículum educativo ao 50% entre a Adminsistración do Estado e cadansúa Administraciuón autonñomica nos países con lingua propia.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 10/04/2022

Comparte esta noticia
No exercicio desta competencia o Goberno do Estado ven  de fixar os contidos mínimos a estudar na historia española, cinguíndose exclusivamente á historia contemporánea, dende a aprobación da Constitución de Cádiz, priorizando deste xeito un relato de España como nación única e omitindo periodos históricos como o medieval ou o da Idade Moderna que deixan moito máis patente a evolución da península ibérica como ámbito territorial dunha convivencia plurinacional.
 
Xa que logo, o lóxico sería que Galicia aproveitase as súas competencias para desenvolver estes mínimos curriculares inserindo e estudo da historia propia. Unha historia agachada pola historiografía española e descoñecida por unha grande maioría da nosa cidadanía.
 
Mais a Xunta non está por traballar na lóxica devandita. E velaí como o conselleiro de Educación demite da súa responsabilidade, promovendo contidos adicionais aos mínimos estatais precisamente dos periodos omitidos da historia española, no canto de por os bimbios para aprendermos no bacharelato a historia de Galicia.
 
Sen o coñecemento do noso substdrato celta, da romanización, das achegas sueva e britoa ou da irrelevancia da invasión árabe non se entende o xurdimento do reino de Galicia no século IX. Sen explicarmos o reino de Galicia non se entende o  fenómeno xacobeo nin a prosperidade do noso país nos séculos XII e XIII, da que xurden a Catedral compostelá e o seu Pórtico da Gloria e máis a fundación de vilas e cidades portuarias como Baiona, Noia, Viveiro ou A Coruña. Sen explicarmos a trascendencia da separación de Portugal e da unión persoal do reino  de Galicia e León co de Castela en 1230 non se entende a tendencia proportuguesa e anticastelá da meirande parte da aristocracia e do pobo galegos nos séculos XIV e XV nin a represión dos Reis Católicos pola aposta galega pola lexítima raíña Xoana no canto da non lexítima Isabel.
 
Sen coñecermos a trascendencia da introdución dos cultivos da pataca er do millo e a funcionalidade do foron non podemos entender a prosperidade da agricultura galega nin a súa punxante demografía no século XVIII. Sen entender os efectos do centralissmo e o fracaso da nosa revolución democrática de 1846 non podemos coñecer o porqué do noso empobrecemento e da emigración. Sen coñecer o labor do Partido Galeguista non entenderemos o plebiscito do Estatuto de 1936, de onde xurde, constitucionalmente, o noso recoñecemento como nacionalidade e, xa que logo, a legalidade autonómica que fai que Román Rodríguez de conselleiro.       

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, responde a unha pegunta no pleno da Cámara galega. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, responde a unha pegunta no pleno da Cámara galega. XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.