Reducirmos a dependencia

Se a actuación do Goberno do Estado diante da crise inflacionaria ben pode alcumarse de serodia, parcial e pouco matinada a da Xunta ben pode alcumarse de inexistente, tanto en ideas como en actuacións concretas. Núñez Feijóo só acredita en baixar impostos de xeito permanente, o que agravaría permanentemente o actual infrafinanciamento dos servizos públicos sanitarios, sociais e educativos que fornece a Xunta de Galicia. E nunca nada dixo sobre as necesarias reformas do mercado eléctrico.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 03/04/2022

Comparte esta noticia
Na cuestión fiscal fallan tanto as esquerdas estatais presentes no Goberno do Estado (seareiras do mantemento da actual presión fiscal) como as dereitas estatais que non teñen proposta distinta da rebaixa fiscal permanente. Na Galicia foi o BNG o único que até de agora propuxo algo aquelado, coa rebaixa permanente do IVE da electricidade (ben de consumo de primeira necesidade e insumo esencial para a nosa economía) do 11% ao 4% e a temporal, referida á evolución dos prezos no curto prazo, dos Impostos especiais dos carburantes, mentres propón reformas que minguen os efectos inxustamente inflacionistas do sistema marxinalista de formación de prezos do sistema eléctrico e reclama esa tarifa eléctrica galega, compensatoria dos custos da nosa produció, protexendo ás persoas consumidoras e empresas galegas. Tarifa eléctrica que sempre rexeitou Núñez Feijóo, quizais pensando na oportunidade que agora se lle deu en Madrid, no canto de mirar polo noso.
 
O debate sobre a crise inflacionaria actual reflectiu o dependentismo que aniña nas esquerdas e dereitas estatais, como a crítica ás subvencións xerais ao prezo dos combustíbeis por “só favorecer aos colectivos con rendas altas”, que pode ser verdade nas áreas urbanas de Madrid ou Bilbao,  ben fornecidas de transportes públicos, mais non nunha Galicia na que autónomos e traballadores dependen en grande medida do coche privado. Outravolta  o dependentismo como eiva que lles impide a moitos facer as diagnoses acaídas para interpretarmos a realidade galega e propormos as solucións de futuro.
 
Un dos eixos fulcrais destas solucións de futuro son é o de reducir as dependencias de Galicia canto aos combustíbeis e insumos precisos para alimento do gando, así como na produción de alimentos, substancialmente reducida pola forestación de terras agrarias para eucalipto. Mais para desenvolver as políticas acaídas para rematar con estas dependencias Galicia precisa de consensos amplos na definición de proxectos tractores, administración de recursos ben orientados e máis unha ampla reforma do ordenamento territorial. E, dende logo, precisa de menos dependencias mentais de esquemas que nin explican a nosa realidade nin son quen a nos dar solucións de futuro. 
      

O presidente do partido do PP,  Alberto Núñez Feijóo, durante a súa intervención no segundo e último día do congreso do PP na que Alberto Núñez Feijóo sae como novo presidente do partido
O presidente do partido do PP, Alberto Núñez Feijóo, durante a súa intervención no segundo e último día do congreso do PP na que Alberto Núñez Feijóo sae como novo presidente do partido | Fonte: Joaquin Corchero - Europa Press.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.