Baixan as reserva dos encoros galegos, pero seguen por encima do 80%

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2025 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

Os encoros galegos contan con 3.049 hectómetros cúbicos de auga, o que supón o 82,1% da súa capacidade, case dous puntos menos que hai unha semana.

Segundo os datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a reserva hídrica de Miño-Sil, conca de maior capacidade en Galicia, atópase ao 85,3%, un punto menos que fai sete días. Os 2.584 hectómetros cúbicos existente están lixeiramente por baixo do dato a esta altura en 2024, pero é superior á media do últimos dez anos.

Pola súa banda, os encoros de Galicia Costa están ao 68% da súa capacidade, neste caso tres puntos menos que a anterior semana. Os 465 hectómetros cúbicos almacenados son menos que hai un ano e que a media da última década.

A reserva hídrica española está ao 74,4% da súa capacidade total e os encoros almacenan actualmente 41.677 hectómetros cúbicos (hm3) de auga, o que supón que diminuíron en 733 hm3 na última semana (o 1,3% da capacidade total actual dos encoros). As precipitacións afectaron considerablemente á vertente Mediterránea e en menor medida á vertente Atlántica. A máxima produciuse en Daroca I con 41 l/m2.

O encoro de Velle liberando auga do río Miño / Rosa Veiga - Arquivo / Europa Press
O encoro de Velle liberando auga do río Miño / Rosa Veiga - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta