Galicia anuncia unha nova batalla competencial: quere xestionar os permisos de traballo de estranxeiros

O obxectivo, segundo dixo Rueda, é rematar co "colapso" que existe na tramitación dos permisos de traballo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2025 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

Tramitación e resolución das autorizacións iniciais por conta allea e propia, dos permisos para actividades laborais de tempada e das autorizacións vinculadas a estancias de longa duración por razóns de estudo, mobilidade, voluntariado e formación. Esta é a nova batalla competencial da Xunta de Galicia tras acadar a transferencia das competencias en Costas.

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello da Xunta
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello da Xunta | Fonte: XUNTA

Así o anunciou este luns o Goberno galego tras aprobar no Consello da Xunta iniciar a solicitude formal ao Estado das competencias executivas para poder outorgar permisos de traballo a persoas estranxeiras. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, deron conta desta nova petición ao termo da reunión semanal do Consello. "A partir de agora iniciaremos todo o proceso de petición e negociación. Espero que non se volva a repetir o que pasou co litoral", dixo Rueda, en referencia ao tira e puxa --mesmo no Tribunal Constitucional-- que houbo co Goberno central sobre as competencias na costa, que efectivamente se exercerá este martes, 1 de xullo.

Así, o conselleiro explicou que esta nova reclamación de competencias busca favorecer a "migración legal, segura e baseada na colaboración" entre administracións e empresas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta