A construtora que acadou gañancias históricas durante a crise

A ourensá Copasa aumenta un 28,6% a súa facturación en 2015 ata 468 millóns. Parte do negocio está na construción da lliña de Alta Velocidade (AVE) entre La Meca e Medina.

Por Galicia Confidencial | Madrid / Ourense | 14/06/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A construtora ourensá Copasa facturou un 28,6% máis en 2015 respecto ao ano anterior, ata sumar 468,2 millóns de euros, de forma que alcanza máximos históricos. Así mesmo, o beneficio bruto de explotación (Ebitda) situouse en 53,47 millóns, un 25,7% por enriba do ano anterior. E, iso, a pesar da grave crise que o sector sofre en todo o Estado.

Obreiro de COPASA
Obreiro de COPASA

Neste sentido, compañía que preside José Luis Suárez Gutiérrez facturou 251,7 millóns de euros no exterior o pasado ano, o que supón un incremento do 41,2% e representa o 53,7% dos seus ingresos.

"Estamos nun momento clave, cun acreditado recoñecemento internacional que nos permite crecer, unha situación financeira sostible e solvente, e expectativas razoables de negocio en zonas estratéxicas", subliña o presidente de copasa nun comunicado.

En canto á carteira de negocio, a peche de 2015 sumaba un valor de 1.344 millóns de euros, tras lograr novos contratos por 247 millóns de euros durante o pasado ano. No capítulo financeiro, a compañía sinala que a súa débeda financeira neta é inferior aos 53 millóns de euros rexistrados como Ebitda. Ademais, indica que actualmente a metade da súa débeda con recurso á matriz xa provén dos mercados de capitais.

Copasa foi o primeiro grupo en acudir ao Mercado Alternativo de Renda Fixa (MARF) para financiarse. Ademais, o pasado día 3 recibiu un rating de 'BB' con tendencia 'estable' por parte da axencia Axesor.

AVE á meca

As boas cifras do ano teñen que ver, en parte, pola montaxe da vía na liña de Alta Velocidade (AVE) entre La Meca e Medina está "rematado e cobrado" en entre un 85% e un 90% do total de 450 quilómetros de lonxitude que presenta este corredor, segundo informa Copasa, un dos membros do consorcio contratista do proxecto encargado destes traballos.

A compañía estima que toda a montaxe de vía pode estar concluído en outubro se o consorcio recibe no prazo previsto o último tramo de plataforma do corredor, a construción do cal correu a cargo de empresas chinesas.

O contrato logrado por un grupo de empresas públicas e privadas españolas no AVE á Meca, estimado nun total de 6.700 millóns de euros, consiste en executar a denominada 'superestrutura' da liña. En concreto, supón colocar as vías e o resto de sistemas para o seu funcionamento, ademais de encargarse do seu posterior mantemento e explotación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta