Nace o portal Os Fogóns do Anllóns, con ofertas gastronómicas á medida do viaxeiro

Esta iniciativa ten como obxectivo a paquetización de produtos turísticos vinculados coa gastronomía reunindo, nun só espazo, produtos e experiencias turísticas do territorio polo que conflúe o río Anllóns, na comarca de Bergantiños.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2025 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, presentou este luns en Espazo Nature o portal https://fogonsdoanllons.com, unha nova plataforma dixital enmarcada no proxecto 'Creación de produtos turísticos paquetizables vinculados coa gastronomía'. Trátase dunha iniciativa dentro do Plan de Sustentabilidade Turístico en Destino Os Fogóns do Anllóns, financiado co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Next Generation EU.

Esta iniciativa ten como obxectivo a paquetización de produtos turísticos vinculados coa gastronomía reunindo, nun só espazo, produtos e experiencias turísticas do territorio polo que conflúe o río Anllóns, na comarca de Bergantiños. Regueira destacou a importancia de que o turismo "xere negocio" e apuntou que iso pasa "por crear produtos de calidade como este", nun acto con presenza de concellos implicados: Coristanco, A Laracha, Cabana de Bergantiños, Carballo e Ponteceso, así como do sector empresarial.

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, presenta novas iniciativas turísticas
O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, presenta novas iniciativas turísticas | Fonte: DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta