Resoltas as discrepancias entre a Xunta e o Estado polos orzamentos de 2025

As negociacións referíronse a discrepancias competenciais manifestadas en relación cos artigos 8 e 13 da lei de orzamentos para 2025.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2025 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

Xunta e Goberno central chegaron a un acordo e consideran resoltas as discrepancias manifestadas en relación cos orzamentos de 2025 e aspectos que teñen que ver con contratación, por unha banda, e persoal interino, por outro. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica unha resolución que dá por concluída a controversia exposta, no que se refire a os preceptos obxecto deste acordo.

En concreto, o acordo data de 27 de xuño de 2025, da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, en relación coa Lei 14/2024, de 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025. As negociacións referíronse a discrepancias competenciais manifestadas en relación cos artigos 8 e 13 da lei de orzamentos para 2025.

Así, "ambas as partes acordan que as referencias á contratación laboral temporal contidas nos artigos 8 e 13 da Lei 4/2024, de 27 de decembro, han de entenderse realizadas ás modalidades de contratación vixentes no momento da súa aplicación, de tal forma que as remisións a modalidades de contratación derrogadas, como o contrato para a realización dunha obra ou servizo determinados, unicamente serán de aplicación nos supostos en que a normativa estatal prevexa esta posibilidade".

Ademais, ambas as partes "coinciden en considerar que a recta interpretación das referencias incluídas na Lei 4/2024, de 27 de decembro, ao persoal funcionario interino sen adscrición a praza esixe que ditas referencias deben entenderse no sentido de considerar que devandito persoal interino, nos supostos correspondentes, non queda adscrito a prazas de natureza estrutural".

Comisión 3ª de economía, facenda e orzamentos do Parlamento galego / PARLAMENTO / Europa Press
Comisión 3ª de economía, facenda e orzamentos do Parlamento galego / PARLAMENTO / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta