Ferido un traballador ao rebentar o pneumático dun elevador para embarcacións no porto de Vilanova de Arousa

O home foi evacuado consciente ao Hospital Clínico de Santiago nun helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/07/2025 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Un traballador resultou ferido ao rebentar un dos pneumáticos dun elevador para embarcacións no porto deportivo de Vilanova de Arousa. O home foi evacuado consciente ao Hospital Clínico de Santiago nun helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, un particular explicou sobre as 16.30 horas que o home quedara insconsciente. Tras iso, activouse un operativo no que participou Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil, Policía Local e voluntarios de Protección Civil de Vilanova. Despois de prestarlle atención médica no punto, os profesionais sanitarios evacuaron ao ferido a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Helicóptero do 061
Helicóptero do 061 | Fonte: Agostime - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta