Baixa a delincuencia no urbano e sobe no rural na primeira metade do ano en Pontevedra

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra sinala que a ciberdelincuencia supón un 16% do total dos delitos na demarcación da Policía Nacional e un 28% na da Garda Civil

Por E.P. | PONTEVEDRA | 24/07/2025 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

A delincuencia reduciuse un 4,4% no ámbito urbano na provincia de Pontevedra, demarcación da Policía Nacional, e subiu un 5% no ámbito rural, competencia da Garda Civil, no primeiro semestre de 2025, segundo os datos analizados este xoves na xunta provincial de seguridade celebrada na Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, subliñou a "tendencia á estabilidade" das estatísticas e valorou que "as cifras demostran" que continúa "reducindo lixeiramente nas cidades e hai un pequeno crecemento no territorio rural, polo que unha cousa compensa á outra".

Segundo os datos oficiais ofrecidos pola Subdelegación do Goberno, na cidade de Pontevedra o descenso total da delincuencia neste primeiro semestre foi dun 5,3% (pasando de 1.782 delitos a 1.686).

En Vigo e Redondela a baixada é dun 4,9% no cómputo global (de 7.067 a 6.720 delitos), mentres que en Vilagarcía a delincuencia retrocedeu un 6,9% neste período (de 936 a 871 feitos delituosos). Fronte a estes descensos, a Comisaría de Marín subiu un 15,6% na delincuencia total (de 351 a 406 delitos), dato que se atribúe á actuación de dous grupos xa detidos.

Abel Losada remarcou que as estatísticas provisionais da Policía Nacional analizadas este xoves son algo máis amplas, pois recollen o período entre o 1 de xaneiro e o 20 de xullo, polo que pode haber pequenas variacións respecto dos números semestrais (1 xaneiro a 30 de xuño).

No territorio rural, ámbito competencial da Garda Civil, a delincuencia experimentou unha subida dun 5%, pasando de 6.733 a 7.074 denuncias no semestre. Esta "lixeira tendencia á alza no rural" confirma o que xa sucedeu no primeiro trimestre do ano.

CIBERDELINCUENCIA

A ciberdelincuencia supón un 15,9% do total dos delitos na demarcación da Policía Nacional e un 28% na da Garda Civil.

Tanto os responsables da Policía Nacional como da Garda Civil manifestaron a súa preocupación polo impacto deste tipo de delitos na provincia e remarcaron que son actuacións que deberían separarse nas estatísticas, porque na maior parte dos casos son perpetradas por persoas que actúan a distancia e que, por tanto, non teñen o mesmo impacto na seguridade percibida pola cidadanía.

SEGURIDADE VIARIA

En canto á seguridade viaria, segundo os datos ofrecidos, nas estradas da provincia faleceron 10 persoas no primeiro semestre do ano. Este dato supón un 41,1% menos sobre as 17 que perderon a vida no mesmo período do ano pasado.

Na xunta provincial de seguridade tamén se ha aborado o despregamento que está a facer o Subsector de Tráfico para evitar as concentracións ilegais en polígonos industriais, así como para garantir a seguridade en eventos ligados ao mundo do motor.

Ademais, destacouse que Pontevedra nunha das provincias máis activas de España nos labores de control de alcol e drogas, chegando a superar os 3.000 positivos no semestre.

Tamén se incidiu nos "bos resultados" que está a conseguir o plan de control de infractores multirreincidentes, con máis de 30 denuncias só neste mes de xuño.

VIOLENCIA DE XÉNERO

Finalmente avaliáronse as estatísticas de violencia de xénero. Hai un total de 1.903 vítimas protexidas polo sistema VioGén, das que non hai ningunha en risco Extremo, mentres que hai 22 no alto, 311 no medio e 1.570 en Baixo. Hai un total de 1.239 ordes xudiciais de protección en vigor.

Segundo apuntouse, 1.029 vítimas están baixo o amparo da Garda Civil, 508 da Policía Nacional, 105 da Unidade Adscrita da Policía nacional e 261 das policías locais.

Abel Losada ha presidico esta xunta provincial de seguridade na que tamén participaron o comisario xefe provincial, Juan José Díaz; o comisario de Vigo, Ramiro Gómez; o coronel da Garda Civil, Manuel Touceda; o tenente coronel, Óscar Grañas; o comandante da Garda Civil de Tráfico, Miguel Martínez, e a xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación, María José Rodríguez.

O responsable de Economía da Executiva do PSdeG, Abel Losada, nunha imaxe de arquivo. PSDEG
O responsable de Economía da Executiva do PSdeG, Abel Losada, nunha imaxe de arquivo. PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta