Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2025 | Actualizada ás 20:33
Dous homes resultaron feridos na tarde deste xoves en senllos accidentes con tractores ocorridos en Castro de Rei e Porto do Son.
O primeiro incidente, segundo informa o 112 Galicia, ocorreu sobre as 15.45 horas en Castro de Rei, concretamente en Xordo, parroquia de Quintela.
Foi unha familiar do ferido quen alertou á central de emerxencias de que esta persoa se quedou atrapada polo seu tractor na estrada. Así, acudiron ao lugar Urxencias Sanitarias-061, os bombeiros de Vilalba e a Garda Civil.
Ao chegar os efectivos, comprobaron que a roda do vehículo pasara por encima do afectado, aínda que xa non estaba atrapado. Esta persoa foi finalmente evacuado ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.
O segundo suceso, no municipio de Porto do Son, ocorreu pouco antes das 18.30 horas no lugar de Carantoña, parroquia de Nebra. Neste caso, o implicado conseguiu saltar do tractor antes de caerse por un desnivel de varios metros, pero si sufriu lesións nunha perna polas que necesitou asistencia sanitaria.
No dispositivo participaron os servizos sanitarios, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de Porto do Son.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.