Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 26/07/2025 | Actualizada ás 12:25
Este sábado producirase unha subida de temperaturas xeneralizadas na Península Ibérica, que tamén repercutirá en Galicia. Neste territorio, un total de 13 municipios encadrados no Miño de Pontevedra terán que ter especial atención por unha alerta amarela por temperaturas máximas, que rozarán os 34º C.
A Axencia Estatal de Metereología (Aemet) informou de que esta alerta permanecerá activa desde o mediodía deste sábado, ao redor das 13.00 horas, e terminará pouco antes da posta do sol, ás 20.59 horas.
Neste caso, a zona afectada é o Miño de Pontevedra, que comprende a un total de 13 concellos: Arbo, Crecente, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui.
Durante a xornada do venres, as temperaturas máis altas rexistradas en Galicia xa se produciron nestes lugares. Segundo a información proporcionada por Meteogalicia, Salvaterra do Miño alcanzou 34,8º C e Ponteareas, 34,2º C.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.