Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/08/2025 | Actualizada ás 20:39
Un total de 8 vivendas foron rehabilitadas no municipio coruñés de Rianxo para a súa posta en aluguer accesible, ao amparo do Programa de rehabilitación de edificacións e vivendas de titularidade municipal da Xunta, que contribúe a financiar ata o 95% do orzamento das obras.
Nunha visita realizada este sábado, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destacou a aposta do Concello por recuperar antigas vivendas de mestres a través destas achegas para alcanzar fogares en aluguer accesible.
O Goberno galego concedeu axudas á localidade que suman máis de 250.000 euros para a renovación dos dous inmobles, que datan dos anos sesenta. Neste ano 2025, a través do citado programa, concedéronse achegas a 24 concellos, que permitirán rehabilitar 39 vivendas, cun investimento total de 1,8 millóns. Os fogares visitados están renovados ao amparo das axudas para a rehabilitación de inmobles de titularidade municipal, que poden alcanzar ata o 95% do orzamento das obras.
Por outra banda, Allegue destacou que segue aberto ata o 15 de outubro o prazo de solicitudes para as axudas para adquisición de vivenda entre mozos menores de 36 anos en municipios de menos de 10.000 habitantes e en centros históricos. En Rianxo concedéronse catro correspondentes a ambas as liñas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.