Falece un home tras caer ao mar en Redondela

Foi rescatado por particulares.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/08/2025 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Un home faleceu este sábado na localidade pontevedresa de Redondela tras caer ao mar, de onde foi rescatado por particulares. Segundo informa o 112 Galicia, unha persoa contactou coa Central de Emerxencias minutos antes das 16.30 horas solicitando asistencia médica para un home ao que tentaban reanimar na praia de Arealonga.

Con esta información, os responsables do 112 Galicia informaron o Servizo de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Nacional e Local e ao Grupo de Voluntarios de Protección Civil de Redondela.

Sala de operacións 112 Galicia. XUNTA
Sala de operacións 112 Galicia. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta