Por Europa Press / Redacción | VIGO | 12/08/2025 | Actualizada ás 20:33
Unha nova pelexa entre aparcacoches na rúa Augusto González Bicada de Pontevedra supuxo un gran despregamento policial con presencial da Policía Local e Nacional. Segundo fontes da Policía Nacional consultadas por Europa Press, foron varios os veciños os que alertaron ao producirse unha nova agresión entre distintas persoas aparcacoches na rúa. Por iso, desde o 112 Galicia deuse aviso tamén a Urxencias Sanitarias. Finalmente, identificouse a varios individuos e disolveu a pelexa, sen que ninguén resultase detido.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.