Deteñen a un veciño de Poio de 26 anos por desfeitas nun local de apostas

Unha vez alí foi identificado e detido por un presunto delito de danos, estimándose os mesmos nuns 15.000 euros.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/08/2025 | Actualizada ás 15:48

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Pontevedra detivo a un home de 26 anos, con antecedentes policiais e veciño da localidade, por un suposto delito de danos nun local de apostas. Segundo detallan nun comunicado, o pasado domingo, recibiuse un aviso de que unha persoa estaba a romper cunha cadeira cinco pantallas dunha máquina de apostas situadas nun establecemento dun coñecido centro comercial de Poio.

Unha vez alí foi identificado e detido por un presunto delito de danos, estimándose os mesmos nuns 15.000 euros. Esta mañá pasou a disposición xudicial no Xulgado de Garda de Pontevedra, que decretou a súa liberdade con cargos.

Imaxe dun coche da Policía Local de Redondela.. POLICÍA LOCAL DE REDONDELA
Imaxe dun coche da Policía Local de Redondela.. POLICÍA LOCAL DE REDONDELA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta