Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/08/2025 | Actualizada ás 17:58
A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición lanzou este luns unha alerta pola posible presenza de partículas metálicas nas galletas Pim's Laranxa da marca Fontaneda, e recomendou ás persoas que teñan este produto nos seus fogares que non o consuman.
A empresa comunicou a incidencia ás autoridades competentes, informando de que o produto se presenta nun paquete de cartón e formato de 150 gramos, con número de lote OHT1153212, código de barras 7622201639815, data de consumo preferente a 30 de abril de 2026 e de conservación a temperatura ambiente.
A distribución inicial produciuse nas comunidades autónomas de Andalucía, Baleares, Castela A Mancha, Cataluña, Cantabria, Comunidade Valenciana e País Vasco, aínda que as autoridades non descartaron tamén se deu noutras autonomías.
A AESAN tivo coñecemento desta información a través do Sistema Coordinado de Intercambio Rápido de Información (SCIRI), dunha notificación de alerta trasladada polas autoridades sanitarias de Madrid, e agora buscarase verificar a retirada dos produtos afectados das canles de comercialización.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.