Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/08/2025 | Actualizada ás 20:03
A Xunta respondeu ao Goberno central que "o primeiro que ten que facer o Executivo de Sánchez" é cumprir a orde do Tribunal Supremo (TS) de acoller a 1.000 menores solicitantes de asilo que se atopan en Canarias e que, "medio ano despois, soamente foi capaz de trasladar á Península a 30".
Así o trasladou nun comunicado a Consellería de Política Social, en resposta ao Goberno central, que cifrou a capacidade ordinaria dos sistemas de acollida nun cociente de 32,6 prazas para nenos e adolescentes migrantes non acompañados por cada 100.000 habitantes para o conxunto de España.
Unha cifra fixada tras a aprobación do Real Decreto de capacidade ordinaria do sistema de protección e tutela de menores non acompañados das comunidades autónomas, aprobado este martes polo Consello de Ministros. Neste contexto, a Xunta reprochou que o Real Decreto "limítase" a fixar a capacidade ordinaria de acollida segundo o peso de poboación de cada Comunidade, "sen ter en conta ningún outro factor".
Así mesmo, subliñaron que "a día de hoxe" o Goberno central aínda non aprobou cos CC.AA "ningunha repartición de menores migrantes e tampouco un financiamiento asociado". "De maneira que, o que pretende é que os CC.AA asuman o 100% do custo destas acollidas", destacaron.
A Xunta reiterou que "non vai aceptar imposicións do Goberno nesta materia". "Somos unha Comunidade acolledora e solidaria: nos últimos anos acollemos decenas de menores migrantes procedentes de Canarias e Ceuta sempre dentro das nosas posibilidades", salientaron.
No entanto, sinalaron que "non poden ofrecer o que non teñen" e as redes de protección de menores de todas os CC.AA están "ao máximo da súa capacidade". "Non queremos crear 'guetos' coma se quere facer o Ministerio", remarcaron. Con todo, lembraron que un total de 11 comunidades autónomas gobernadas polo PP e o PSOE teñen recorrido este asunto ante o Tribunal Constitucional.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.