Por Galicia Confidencial | Ourense | 26/08/2025 | Actualizada ás 21:10
Varios voluntarios comparten en redes sociais instrucións para construír batelumes caseiros. Estas ferramentas son fundamentais para atacar os lumes, sobre todo, cando está xa case extinguido ou hai pouca chama.
Estes voluntarios apuntan que as "faldiñas" de caucho que levan os camións na súa parte traseira, para evitar salpicar aos coches, son unha materia prima moi boa para construír os batelumes. "Hai moitas empresas que os teñen para reciclar, así que é bo acudir a elas e pedirlle este tipo de material", apunta Jose.
Unha vez conseguido este material, hai que recortalo en cadrados de 30 ou 40 centímetros de ancho e longo e logo meterlle o mango dunha vasoira. "Son ferramentas moi útiles para atacar ao lume e moi baratas de facer", asegura.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.