(Vídeo) A policía rexistra e perimetra a zona de La Vuelta onde centos de persoas se manifestan contra a ofensiva en Gaza

As concentracións na ponte da Barca e na rotonda da rúa Manuel do Palacio en Pontevedra expresaron a súa protesta ante a participación do equipo Israel-Premier Tech e denunciaron a situación humanitaria na Franza palestina.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/09/2025 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

Centos de persoas concentráronse este luns en Pontevedra para protestar contra a ofensiva militar israelí en Gaza coincidindo co paso da caravana da Volta ciclista a España. As mobilizacións tiveron lugar na ponte da Barca e na rotonda da rúa Manuel do Palacio, onde se escoitaron consignas como “Non é unha guerra, é un xenocidio” ou “Israel asasina, A Volta patrocina”, en alusión á participación do equipo Israel-Premier Tech.

Activistas propalestinos tentan cortar a estrada durante a 15ª etapa da Vuelta no Corgo, Lugo / Carlos Castro - Europa Press / Europa Press
Activistas propalestinos tentan cortar a estrada durante a 15ª etapa da Vuelta no Corgo, Lugo / Carlos Castro - Europa Press / Europa Press

Na ponte da Barca reuníronse arredor de medio milleiro de persoas, moitas delas portando bandeiras palestinas e pancartas de denuncia. Os manifestantes intensificaron os asubíos e apupos ao paso do pelotón, especialmente dos vehículos do equipo israelí, nun dispositivo vixiado por Garda Civil e Policía Nacional.

Na rotonda de Manuel do Palacio celebrouse unha segunda concentración, á que acudiu o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado por membros do goberno local do BNG. O rexedor cualificou como “masacre” os ataques en Gaza e afirmou que Israel está a cometer un “asasinato directo” contra a poboación civil, criticando a pasividade da comunidade internacional.

Fernández Lores defendeu o dereito da cidadanía a protestar pacificamente e considerou “positivos” os intentos do Goberno español de chamar a atención sobre a inacción da Unión Europea, aínda que reclamou máis contundencia. As protestas en Pontevedra forman parte dunha serie de mobilizacións convocadas en Galicia durante distintas etapas da Volta ciclista para denunciar a presenza do equipo israelí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta