PONTEVEDRA | 30/06/2016 | Actualizada ás 16:31 por EUROPA PRESS
Un novo incendio forestal con dous focos na localidade pontevedresa de Cangas do Morrazo calcina un monte comunal de eucalipto, aínda que segundo fontes consultadas, non están en perigo vivendas.
Concretamente, hai dous focos, dos cales, o primeiro deles, se activou sobre as 14,15 horas, segundo informaron a Europa Press fontes dos equipos de emerxencias e policiais que actúan para paliar as lapas.
Os focos sitúanse no Monte Castelo, na parroquia de Darbo, onde este mércores xa se localizou outro lume forestal, e na suba ao xeriátrico na parroquia de Aldán.
Aínda que por agora "é pronto" para coñecer a superficie afectada, un voceiro do Grumir de Cangas indicou que as primeiras hipóteses apuntan a que "foron provocados". "Levamos varios días que están a provocar incendios na zona", manifestou este voceiro, que indicou que co lume do día anterior remataron os traballos de extinción sobre as 3,00 horas da madrugada deste xoves.
Para aplacar este incendio forestal, en vésperas que de que comece a tempada de alto risco (o 1 de xullo), mobilizáronse medios aéreos, brigadistas da Xunta, os Bombeiros de Cangas, xunto con membros do Grumir e a Policía Local.