Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/09/2025 | Actualizada ás 14:03
O home de 73 anos desaparecido no municipio coruñés de Sada desde a tarde do venres foi localizado falecido, segundo informaron desde a Garda Civil e o Consistorio. Foi tras un operativo con participación de medios terrestres e aéreos e con implicación da Garda Civil, a Policía Local, persoal do Servizo de Emerxencias Municipal e os equipos de emerxencias doutros consitorios, así como veciños. Foi un familiar o que interpuxo unha denuncia no posto da Garda Civil de Oleiros tras desaparecer o home, Celso Pérez Regueiro, que sufría principios de Alzheimer ou algunha outra enfermidade dexenerativa, precisaron nese momento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.