O BNG pide a Bruxelas acceso á documentación do procedemento de infracción da prórroga da AP-9

"É moi grave que a Comisión impida o acceso á documentación", criticou a eurodeputada do BNG, Ana Miranda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2025 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reclamou á Comisión Europea acceso á documentación do procedemento de infracción aberto pola prórroga da autoestrada AP-9. Nun comunicado, os nacionalistas explicaron que, despois de trasladar á Defensora do Pobo Europeo, Teresa Anjinho, as dificultades impostas por Bruxelas para poder dispor dos documentos sobre temas que afectan os galegos, agora volveu presentar unha pregunta á Comisión para coñecer a información relativa ao procedemento de infracción aberto pola prórroga ilegal da AP-9.

Así, pide poder dispor da resposta dada polo Goberno español ao ditame que emitiu Bruxelas en xullo no que solicitaba a España que respectase as normas da Unión Europea en materia de contratación pública. "É moi grave que a Comisión impida o acceso á documentación", criticou Miranda, lembrando que este procedemento de infracción foi aberto en 2021 contra España pola prórroga da xestión da AP-9. "Consideramos que hai un interese público porque os galegos estamos a pagar por unha autoestrada que é das máis caras de Europa", defendeu Ana Miranda, asegurando que os cidadáns teñen dereito a saber que está a decidir a Comisión e os prazos para que se liberalice dita estrada.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, na Eurocámara
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, na Eurocámara | Fonte: LAURIE DIEFFEMBACQ - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta