Biólogos galegos quéixanse da escasa oferta de prazas de nivel alto na Administración galega: "Inxustiza e desigualdade"

O Colexio de Biólogos carga contra a Xunta por limitar o acceso do colectivo a postos de responsabilidade. Só o 16 % das prazas para biólogos da Xunta son de nivel alto, fronte ao 60 % doutras escalas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2025 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia denunciou "discriminación" do colectivo na recente oferta de prazas de destino definitivo para o persoal funcionario da XuntaNun comunicado afirman que o nivel de prazas ofertadas para a Escala de Bioloxía é "notablemente inferior ao doutras escalas da Administración Especial". "Só un 16 % das prazas ofertadas a biólogas e biólogos superan o nivel 25 fronte a porcentaxes que chegan ao 60 % ou mesmo ao 100 % noutros corpos como Enxeñaría Agrónoma, Arquitectura ou Enxeñaría de Minas".

Respecto diso, remarca que o nivel dun posto na Administración "determina tanto o grao de responsabilidade e complexidade das funcións como o complemento retributivo que percibe a persoa funcionaria". "As prazas de nivel 26 corresponden normalmente a postos de xefatura, coordinación ou alta responsabilidade técnica con maior salario e proxección profesional, mentres que as de nivel inferior implican funcións máis executivas ou de apoio técnico con menores retribucións e menor capacidade de decisión". Co nivel para este colectivo, afirman que se limita "o desenvolvemento profesional e económico do persoal biólogo". "E consolídase unha desigualdade estrutural dentro da Administración galega", apostilan.

Colexio Oficial de Biólogos de Galicia
Colexio Oficial de Biólogos de Galicia | Fonte: Facebook

Na mesma liña asegura que ata 19 prazas do nivel 25-26, abertas á Escala de Bioloxía, "foron ofertadas a outras escalas, privando ao colectivo biólogo do acceso a postos de maior responsabilidade e mellor retribución". Por todo iso, avanza que está a estudar a presentación dun recurso contra esta convocatoria "co obxectivo de defender os dereitos profesionais do persoal biólogo", ademais de remitir esta denuncia á Valedora do Pobo e a Presidencia da Xunta, solicitando a súa intervención "para corrixir unha situación inxusta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta