Galicia Bilingüe avisa

A asociación Galicia Bilingüe acaba de mandarlle un "recado" ao futuro presidente da Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 18/03/2009 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

Ademais, insistiu en que sexan os pais os que decidan a lingua na que se escolarizan os seus fillos e asegurou que este modelo é o mesmo que se aplica noutros países europeos. "Non vexo motivos para pensar que os políticos galegos non vaian ser capaces de facelo tamén aquí", apuntou.

Tamén anunciou a súa intención de entablar conversas co PSdeG e mostrouse favorable as manifestacións de diferentes dirixentes deste partido que aseguraron que a lingua foi un elemento desmobilizador do seu electorado.

As advertencias desta plataforma chegan despois de que a Mesa dera a coñecer un informe sobre a perda de falantes de galego e ante as diferentes posturas que existen no PP sobre a futura política lingüística. E é que o propio Feijóo matizou nos últimos días a súas primeiras manifestacións sobre que sexan os pais quenes escollan a lingua dos fillos. Un sistema que de aplicarse literalmente, segundo algúns asesores populares, provocaría unha división dos alumnos e crearía "apatheiths lingüísticos". Por iso, este partido baralla diferentes alternativas a esa promesa electoral que non pasen pola segregación lingüística.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

35 anónimo

Estou seguro que ninguén quere impoñer nada a ninguén ????? Seguro?????

34 Corre vai e dille

Estou seguro que ninguén quere impoñer nada a ninguén pero o debate e ¿como falar galego, polomenos o 50% da poboación galega?. Neste senso non abanzamos nada.Se deixamos así a cousa, o galego seguirá como lingua do paisano pra entenderse coas súas vacas e cos seus burros, en definitiva, cos animáis. Non poño en tea de xuizo o castelán, nin muitos menos. Espero as vosas respostas. Saúdos

33 _2465433_

Eu estou totalmente de acordo con ter máis autonomia e que se respeten as tradicións, agora ben as formas como se quere conseguir e os dirixentes que piden esto pareceme que o usan como arma electoral pero non son os máis indicados para usar eses dereitos como é debido. En Cataluña ou no Pais Vasco primeiro creceron como potencia económica e agora teñen mais autonomia, primeiro temos que crecer ordenadamente e logo poderemos reclamar o revés non vai funcionar. O revés teremos a tradación de seguir igual ca sempre.

32 lostrego

Xa, Corre vai e dille, pero o galego sobreviviu coma o inglés pola falla de relación intensa con aqueles que non falaban o idioma nativo e pola inexistencia de escolarización no idioma introducido. A situación actual non é a de 1066 nin sequer a de 1930
Saúdos

31 Corre vai e dille

Son tan galego coma tí, numeritos. Xa ves o sinxelo que é confundir. Quero dicer en definitiva que temos que poñer en valor o que nos quedou do que nos roubaron, e intentan facer o mesmo con todo. Eu quero pra galiza a súa historia, as súas tradicións, as súas aldeas cheas de boa xente. Grazas a xente das aldeas non se vai perder o galego. No ano 1066, inglaterra foi invadida polos franceses, e estes prohibiron nas grades cidades falar o inglés, e por suposto falar o francés, pero quedou a xente das aldeas que ao estar ailladas segueron falando o seu idioma, o inglés, e por iso non se perdeu. Saúdos