Arranca o campamento de violín folk 'San Simón Fiddle'

A pontevedresa Illa de San Simón acollerá dende este domingo a quinta edición do campamento de violín folk 'San Simón Fiddle', organizado pola Asociación Galicia Fiddle e que en cinco anos se converteu en referencia mundial, coa participación de nenos procedentes de diferentes países de Europa e América.

PONTEVEDRA | 03/07/2016 | Actualizada ás 09:04 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A pontevedresa Illa de San Simón acollerá dende este domingo a quinta edición do campamento de violín folk 'San Simón Fiddle', organizado pola Asociación Galicia Fiddle e que en cinco anos se converteu en referencia mundial, coa participación de nenos procedentes de diferentes países de Europa e América.

Este ano, o campamento xirará en torno ao violín chinés (erhu), para o que contarán con mestres procedentes de Beijing, que compartirán cos nenos galegos a súa música, costumes, lendas, gastronomía e xogos. Ademais, participarán dúas pequenas mestras de erhu, Nancy e Li Jiaying, de nove anos.

O primeiro día de actividades do campamento dedicarase aos papaventos chineses cun tallero no que os nenos elaborarán os seus propios papaventos e encherán o ceo de San Simón de colorido. Ademais, comezarán os primeiros ensaios e clases de violín fiddle e de violín ehru.

Un centenar de pequenos violinistas gozarán entre este domingo e o día 10 de xuño no marco da Illa de San Simón dunha semana de contacto musical libre no que cada participante porá en práctica as súas aprendizaxes sexa cual sexa o seu nivel técnico.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA