Temas: EN MAREA

Esquerda Nacionalista anuncia que se suma a En Marea

É a segunda formación nacionalista que pide participar neste proxecto político no que tamén están EU, Podemos, Esapazo-Equo e as mareas municipalistas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/07/2016 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

Esquerda Nacionalista (EN), o histórico partido que formou parte do BNG e no que militaron destacados dirixentes nacionalistas, entre eles, o propio Xosé Manuel Beiras, anunciou que se sumará ao proceso de En Marea para “construír un mellor lugar eun mellor país”.

Xosé Manuel Beiras nun mitin de En Marea en Lugo, xunto con Fernán Vello
Xosé Manuel Beiras nun mitin de En Marea en Lugo, xunto con Fernán Vello | Fonte: enmarea.gal

De confirmarse a entrada de EN en En Marea, sería a segunda formación nacionalista que forma parte deste espazo político, logo de Anova. Precisamente, Esquerda Nacionalista destaca que a súa intención de sumarse a este proxecto é para “acadar o maior consenso posíbel arredor dunha alternativa política: ampla, plural, e que teña sempre a Galiza como norte”.

“Consideramos que é o momento da unidade de acción e que nesta altura só existe un formato suficientemente integrador que se concreta na estrutura aberta das Mareas, onde ademáis sobresae a figura incontestábel de Xosé Manuel Beiras, líder indiscutíbel do nacionalismo galego, e referente ético e moral para unha sociedade que procura a xustiza social e a defensa do noso ser diferenciado”, indica nun comunicado.

EN insiste en que para as vindeiras eleccións ao Parlamento Galego, Galicia precisa “dunha ferramenta política de seu, que aglutine o maior número de vontades na defensa dos intereses sociais, económicos e políticos propios”. Por iso, considera que En Marea é o mellor espazo para acadar este fin.

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

10 Mi no entender

E como se fai para "sumarse a En Marea". É unha coalición de tres partidos decidida polas súas cúpulas. Agora van ser catro? Podemos, IU, Lanueva e Esquerda Nacionalista ou como vai ser

1 Ana

Se me explicas a coalición de BNG e Nós UP, e o papel da UPG como caste dirixente, igual che conto o negócio cupular e copular das Mareas españolizadas entregadas a Podemos. Libérate de complexos, se cadra até es máis feliz...

2 No agro

Pois si que estaría interedado en solventar-la dûbida esa do negocio que comentas do "copular", por que non o entendo, eu quero ir a unha asamblea desas da que tanto falan e sacan foto no facebook sentadiños ó sol e non sei nin cando nin onde, será por que xa non se fai iso a base esa da que falan non existe ou si pero son coma os que votan ó PP que ninguèn vota...., ata nin me creo o das ostias do circulo galego, existe iso?? Onde tan?? Nas nosas agrupaciós agraria co leite baixo mínimos non os vin, si na tv o mesías, non sei si nos.problemas do mar andan por aí, non sei, pero si que che agradexería que ti ou alguèn explicase què è ese ente

3 Cada quèn, do seu

Meu, inocentiño!! Jaja, non te decatas que algunha xentiña viu que "aqui hai cacho" e todos queren parte do pastel?? Se uns miran que os cincuenra e pico da FPG conseguiron 2 deputados nos vosos adorados madriles, din: -alá imos que algo queda-, en fin... jajaja, si si, grupo parlamentar propio...... etcs....Meu Deus!! Así nos vai, e nos irá, que peniña

9 comunista independentista

Nada. Son catro gatos. Non coma os aliados do Bloque (Pcpg e Foga) que aportan centos de cadros dispostos a morrer por Galiza e polo Paco Zarzuelas.

8 Amigos para siempre

A xulgar polos repetidos e argumentados comentarios, con hemeroteca e todo, hai que ver cantas ratas había no Bloque!!! Ratas ou ratazanas a comer queixo público!!! Cada pouco marchando unha familia de ratas a procura de alimento noutro partido-despensa, e son ratas traidoras, desagradecidas... E dentro do BNG quedan ratas, as que defendestes, que marcharán de novo aos poucos, e xa serán aproveitadas e miserables. E quen nos ofrece garantía de que dentro do BNG non siga habendo outras tantas ratas dispostas a marchar? Será que o BNG é un grande niño de ratas? Cantas ratas defendestes que hoxe desprezades? Cantas ratas adorades que mañá aborreceredes? Que inocentes sodes ou disimulades e tamén roubades queixo público, e a fame, xa se sabe...!!!

7 Julia Fernández

Este grupito está disuelto desde Abril del 2012. La Marea es un totum revolutoom informal y un cachondeo. Con las cosas serias no queremos juegos. Espero que no tenga problemas el PP en continuar la buena marcha y recuperación de Galicia.

6 Acea de Olga

No BNG tivémolos de deputados (Rodriguez Feixóo) e de concelleiros (Laxe). Non se falaban con Beiras na Executiva do BNG e acabaron sendo un clube gastronómico de 12 buscapostos radicado en Lugo. Qué galiñeiro está convertida a Marea meus deus!! http://galego.lavozdegalicia.es/not...