En Marea insiste en contar con grupo parlamentario propio no Congreso

Di que se trata "dun suxeito político autónomo” e que “debe contar con expresión propia".

Por Galicia Confidencial | Madrid | 15/07/2016 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

En Marea reivindicará, de novo, o dereito a constituír un grupo parlamentario propio no Congreso, a pesar da negativa da pasada e curta lexislatura. A formación galega, na que están Podemos, Anova, EU, as mareas municipalistas e outros colectivos, exporá que superaron  os requisitos do Regulamento de contar con 5 deputados na Cámara Baixa e lograr máis do 15% dos votos en todas as circusncriccións.

Representantes de En Marea, na comparecencia tras coñecerse os resultados dos comicios do 26X
Representantes de En Marea, na comparecencia tras coñecerse os resultados dos comicios do 26X | Fonte: En Marea.

Sen embargo, e tal e como xa aconteceu hai uns meses, o resto de grandes partidos entende que En Marea non se conformou como coalición propia xa que ía da mana de Unidos Podemos. Sen embargo, os deputados da coalición galega, en previsión de que a vindeira semana se conforme a nova Mesa do Congreso trala constitución das Cortes, intensificarán as conversas e negociacións coas diferentes forzas con representación no Parlamento.

O seu obxectivo é trasladaralles o requerimento de grupo, “ao tratarse dun suxeito político autónomo” e que “debe contar con expresión propia tal e como recoñeceu de novo o electorado nas eleccións do pasado 26 de xuño”.

No caso de darse un novo bloqueo de PP, PSOE e Ciudadanos na Mesa do Congreso á creación de grupo propio, En Marea anuncia que “avaliará os diferentes escenarios e alianzas optando por aquel que lle dea unha maior autonomía e espazo e que lle permita aos seus parlamentarios unha maior efectividade á hora de defender os intereses de Galicia nas Cortes do Estado”. Na pasada lexislatura incluise, de facto, no grupo de Podemos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 FESTA - UN

a primeira vez que eu fun votar, o BNG sacou un deputado autonomico, que oh sorpresa era precisamente Beiras. Na anterior lexislatura, o BNG, BLOQUE-PSG naquela altura, os seus tres deputados, estaban fora da camara por negarse a xurar a constitucion, e que levou ao BLOQUE a ser un partido marxinal (todavia mais marxial do que xa de por si era). En toda a comarca do Barbanza, por poñer un exemplo, mais de cen mil habitantes, só tiña un concelleiro en Ribeira,

1 FESTA - DOUS

Hoxe, o BNG, sen Beiras, volta ser o que era: un partido marxinal pero cuns dirixentes clarividentes (os mesmos que naquela altura). Os resultados que podedes esperar non van ser moi distintos. Sempre nos quedara GALICIA CONFIDENCIAL

2 FESTA - TRES

Todos os que criticades a Beiras, non vos dades conta de que o nacionalismo como conceito existe na sociedade galega grazas a el. Antes del, so habia deserto, e unha forza mimetica de HB e Bautista Alvarez claro.

7 Próculo

A quen van enfanar m,áis con ese conto. Ao grupo misto ou calade para sempre

6 Sarto

Ide a mexar. Só enganades aos que queren que os enganedes para ter a conciencia "tranquila" diante dos demais. Así que seguide co circo. E dicer que Fernán Vello é unha vergonha escoitalo falar do mal que o fai. Así que ide todos a convencer a adolescentes, que é o melhor que sabedes facer. Por mín como si gana o PP. Até non sei se son melhores ca vós. Cando menos non son pro-adolescentes.

5 non a al-andalus

O vello -vieiras podreiras, non e mais cun miserable que intenta enganar o pobo galego unha e outra vez, e un expañol, caeu en podreiros, e vai a mandriles a porse de xeonllos diante do seu amigo o waldo das JONS, non son mais que dereitistas expañolistas que pretender organizar o califato de AL-ANDALUS...

4 Guillermo

Comédevos. Arrincádevolos ollos. Sado podemitas.