Unha persoa resulta ferida nun accidente de tráfico en Cee (A Coruña)

Unha persoa resultou ferida na madrugada deste mércores nun accidente de tráfico rexistrado na localidade coruñesa de Cee e no que se viron implicados tres vehículos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2016 | Actualizada ás 10:29 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida na madrugada deste mércores nun accidente de tráfico rexistrado na localidade coruñesa de Cee e no que se viron implicados tres vehículos.

Segundo informou o CAE-112 Galicia, o suceso aconteceu pasadas as 3,15 horas da madrugada no lugar de Brens, en Cee, onde un vehículo se saíu da estrada e colisionou contra dous coches que se atopaban estacionados ante unha vivenda, que tamén resultou afectada.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil, Garda Civil de Tráfico e Bombeiros de Cee, que tiveron que sinalizar o accidente e colaborar na retirada do vehículo, que quedara ocupando parcialmente a vía. Unha ambulancia do 061 trasladou ao condutor, ferido leve, a un centro hospitalario.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta