A UPG e EI avanzan posicións

Nos últimos días trascendeu xa a existencia de contactos importantes para a consecución dun pacto de mínimos entre a UPG e o Encontro Irmandiño, que lidera Beiras, de cara á Asamblea Nacional da vindeira fin de semana...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 04/05/2009 | Actualizada ás 09:19

Comparte esta noticia

None

Entre Máis BNG, o grupo que acolle aos quintanistas e a outros grupos da fronte nacionalista xa dan por feito este acordo e apuntan que tanto a UPG coma EI xa teñen feito unha división da futura Executiva así como designado ao próximo voceiro nacional. Este acordo, avanzado xa por renovarobng recolle dúas posibilidades; que Máis BNG se integre nesta lista logo da Asamblea Nacional ou non. No primeiro caso, habería unha Executiva de 15 membros: 7 da UPG, 5 de Máis BNG, 3 de EI. No segundo caso; a UPG contaría con 10 membros e EI, 5. Ambas as forzas tamén recollen a posibilidade de incluír a un membro de Movemento Galego polo Socialismo (MGS) en función dos resultados que colleiten. Nas dúas posibilidades a UPG reservaríase o portavoz nacional e a Secretaría de Organización, deixando como elemento negociador ao Coordinador da Executiva. Ambos os dous grupos tampouco aceptan vetos a ningún dos seus membros; é dicir, que tanto Xosé Manuel Beiras, coma Francisco Rodríguez poderán formar parte da Executiva.

Neste suposto acordo non participarían dous dos sectores que formaron parte das Listas Abertas, promovidas por EI; Esquerda Nacionalista e algúns camilistas con Nogueira á cabeza. O primeiro grupo é partidario de apoiar aos quintanistas e o segundo mantense, polo momento, á marxe de calquera pacto. Con todo, e segundo apuntan fontes de EI e da UPG, "non hai pacto ningún" e aseguran que tanto EI como a UPG presentarán listas propias á asamblea. "Todo é unha montaxe dos quinistas para tentar apañar máis votos", apuntan dende unha destas candidaturas.

Pola súa banda, entre os membros do quintanismo hai diferentes opinións sobre a posibilidade de incluírse nese futuro pacto. A priori, todos están dacordo en que non haxa acordos nin conversas para futuros acordos (tal e como teñen feito EI e a UPG) ata despois da Asamblea Nacional. Sen embargo, os intereses son diferentes en relación aos resultados do cónclave e co pacto entre EI e a UPG enriba da mesa. Hai un grupo que desbota entrar nese pacto e que se mantería na "oposición" dentro do novo BNG, mentres que outro grupo apostaría por negociar con EI e a UPG pero "coas nosas condicións" e en función dos resultados da asamblea. "Está claro quen é o máis coherente neste proceso", apunta un dirixente desta corrente que carga as súas críticas contra EI. "Non eran eles os que dicían que quen mandaba era a militancia?. Pois parece que nin esperan a que fale a militancia. Puñan a parir á UPG e resulta que agora botanse nos seus brazos. A verdade é que, aquí, quen sempre sae gañando é a UPG", ironiza. "O principal problema é que hai dous actores; Francisco Rodríguez e Xosé Manuel Beiras, que queren seguir pivotando a formación como se estiveramos no ano 82 e non se dan conta de que os tempos cambian e o líderes tamén", apunta outro dirixente.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

5 xisco

Moléstame moito a manipulación da prensa, incluido a que se fai nesta páxina. APU

4 Amarante

Bazofia asquerosa. Non pode ser calificado doutro xeito as difamacións sobre un pacto EI-UPG. Para algúns todo vale. Aqueles que levan pactando sistemáticamente coa UPG, aqueles que laminaron toda oposición interna no BNG, aqueles que pactaron coa UPG a ponencia política da vindeira AN, son os que falan de pactos EI-UPG !!!!.
O Carliños e compañía deben dicir claramente se están dispostos a conformar co EI unha maioría hexemónica alternativa á UPG. Si ou non. E o demáis é pura bazofia intoxicadora.

3 anónimo

Pois para liarse con Máis BNG que representa derechona que tampouco conten conmigo

2 omerlin

Pode +BNG gañar so á UPG? eu penso que non e hai unha cousa que non entendo. Se segundo +BNG, APU ten 1.120 delegados, +BNG ten 770 e o EI entre 370, como pensa +BNG gañarlle á UPG sen sumar TODOS os delegados do EI contra a UPG. A min non me salen as contas. Se non hai un acordo para sumar todos e cada un dos delgados contra a UPG, esta ten asegurada a victoria e non salimos da mesma. Vexamos UPG 1.120, suma de +BNG e EI segundo o quintanismo 1140 delegados. O lóxico sería buscar un acordo si se quere ir contra a UPG.

1 Beirista

Se se confirmase un pacto ente beiristas e UPG entón eu pediría que a guillotina caese sobre a cabeza dun auténtico traidor: Beiras. So agardo que todo isto sexan rumores pero isto non se perdoa. Asamblearismo coa UPG? Democracia interna? É que xa valen acaso Milucho, Paco Rodr´´iguez, JOrquera, Asende, Lois Castrillo, Lores, Bieito Lobeira... Estes xa son aceptados a calquera prezo???

Comigo, que non conten. SE esta é a renovación do BNG prefiro irme a casa a "tocar o piano".