Un camioneiro en estado grave tras sufrir un accidente en Castro de Rei (Lugo)

Un camioneiro resultou ferido de gravidade logo de sufrir un accidente co seu camión cando circulaba pola estrada que une as localidades lucenses de Vilalba e Meira, á altura de Castro de Rei (Lugo).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2016 | Actualizada ás 19:28 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un camioneiro resultou ferido de gravidade logo de sufrir un accidente co seu camión cando circulaba pola estrada que une as localidades lucenses de Vilalba e Meira, á altura de Castro de Rei (Lugo).

Segundo informou o CAE 112 Galicia, o condutor perdeu o control do vehículo, saíuse da vía e envorcou á altura do lugar de Moimenta.

Ata o lugar do accidente, acontecido arredor da 1 do mediodía, desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense, así como os Bombeiros de Vilalba e axentes da Garda Civil de Tráfico.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta