SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2016 | Actualizada ás 08:08 por EUROPA PRESS
A Feira de Castrelo, celebrado todos os últimos domingo de mes no municipio ourensano de Castrelo de Miño, contará este 31 de xullo coa actuación musical de 'Johnny Cat and the poor dogs' que estará acompañada dunha degustación do viño D.O. Ribeiro.
Segundo informou o Concello nun comunicado, este mes a Feira que ten lugar no recinto feiral de Parque Náutico da localidade e que se celebrará este mesmo domingo, terá como protagonista o RibeiroBlues WineFestival 2016.
Por outro lado, tamén haberá máis de 100 postos de comerciantes con todo tipo de produtos, 25 postos de produtos naturais e artesanais da zona e un festival gastronómico cuberto para máis de 500 comensais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.