Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2016 | Actualizada ás 18:24
Un total de tres terremotos tiveron lugar este domingo de madrugada, aos que se sumou outro esta mañá, de entre 1,5 e 2,8 puntos na escala Ritcher en Porto do Son (A Coruña).
Segundo recolleu o Instituto Geográfico Nacional (IGN), o epicentro do terremoto situouse no Océano Atlántico, fronte ás costas da localidade coruñesa.
En concreto, o primeiro tremor tivo lugar ás 4,12 horas e unha intensidade de 2,8 puntos. A este seguíronlle outros dous ás 4,14 e ás 4,40 horas cunha intensidade de 1,6 e 1,5 puntos na escala Ritcher, respectivamente. O último sismo tivo lugar ás 7,44 e unha intensidade de 2,5 puntos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.