As razóns polas que Feijóo deixa que Euskadi marque o calendario galego

Até hoxe todos os dirixentes do PPdeG, incluso Alberto Nuñez Feijóo, situaban as eleccións galegas nunha fin de semana de outubro. Con todo, este serán o presidente da Xunta convocou de súpeto aos conselleiros e confirmou que serían canda os comicios en Euskadi. O mandatario esgotaba así o prazo legal para que as urnas en Galicia se poñan ao mesmo tempo que en Euskadi, o 25 de setembro. Debullamos os motivos e as consecuencias dunha gran xogada mediática.

Por Manuel Vilas | Santiago | 01/08/2016 | Actualizada ás 21:33

Comparte esta noticia

Cales son as razóns deste cambio desta estratexia? Segundo fontes do PPdeG consultadas por GC, non hai outro motivo que a pura e dura comenencia electoral. Na súa alocución ante os medios, o presidente argumentou que convocalas canda Euskadi aporta “estabilidade” e tranquilidade aos galegos, pero é evidente que non hai relación directa entre as dúas cousas. Por que a Galicia lle vai ir necesariamente mellor ao votar asemade que Euskadi?  

Feijóo en San Caetano
Feijóo en San Caetano

Explotar o medo a ruptura do Estado

Máis ben ao contrario, facer coincidir as dúas citas resta protagonismo a Galicia no debate político estatal. Polo tanto, pódese argumentar que contribúe a inestabilidade, pois o resultado será produto dunha opinión pública que non estará de todo centrada no país, senón, polo menos parte, no problema vasco.

As citadas fontes indican que Feijóo buscaba precisamente iso. Tres forzas soberanistas liderarán con toda seguridade os resultados alá. Podemos, Bildu e o PNV porán sobre a mesa na campaña -cada un ao seu xeito- o debate sobre a soberanía e a independencia, coa previsíbel resposta nacionalista da caverna mediática española. O ruído producido atenuará o debate sobre Galicia e aumentará a preocupación sobre o futuro da unidade de España, amplificada a diario por mor de Cataluña. Preocupación que o PPdeG tentará explotar, pois leva lustros presentándose como a única forza capaz de garantir a estabilidade a que se referiu este serán.

Sen Gürtel e cunha En Marea moi verde

Iñigo Urkullu e Alberto Núñez Feijóo
Iñigo Urkullu e Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Europa Press.

Na sede do PPdeG saben tamén que o 25 de setembro aínda non se estará a falar sobre o xuízo do caso Gürtel, que comezará a mediados de outubro. A campaña galega non estará salpicada polo maior caso de presunta corrupción dos conservadores, caso que, cómpre lembrar, involucra aos ‘populares’ galegos.  Se Bárcenas ou Pablo Crespo sacan un coello da chisteira, xa será tarde para desgastar a Feijóo.

Por último, as citadas fontes indican que canto antes mellor, visto que as mareas aínda están sen candidato. De feito, teñen a cousa tan verde que nin se sabe si Podemos irá con eles ou en solitario.

En definitiva, o 25 de setembro era a data que máis lle conviña a Feijóo e por iso a escolle. Iso a pesar de que Galicia quedará nun segundo termo, motivo polo que está a recibir multitude de críticas dende a oposición. Críticas que se poden ler nas noticias que acompaña a esta crónica e que, en todo caso, ía recibir fixera o que fixera. 

Xogada mediática perfecta

As voces do PPdeG coas que falou GC apuntan tamén a que Feijóo decidiu convocar en setembro en canto o lehendakari anunciou a súa preferencia. O feito de apurar tanto os prazos non respondería máis que unha estratexia mediática. 

Adiando o anuncio, Feijóo logrou sí ser o protagonista durante semanas do debate político en Galicia, o indiscutíbel foco das cámaras, foco que tanto lle gusta e que impulsa as súas opcións de repetir como presidente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

6 Comunista

Só hai dúas opcións: ou Narcopresidente Frijol ou a Unidade Popular das Mareas. O resto é ruido, palla, confusión,... que tan só beneficia ao primeiro

5 galegoexiliado

Logo de dous meses de campaña electoral nas romarías, festas jastronómicas, churrascadas, pulpadas e miles de litros de viño do país e moitos mais de licor café, os galegos voltarán a votar.... popular, e logo coa resaca voltarán á rua a protestar, pero coma sempre á hora de votar... Populaaaaarrrrr.

4 2º division

Nesta vida hay o que si chama dignidade. Co este persoeiro e os Galegos que o votan esta mais que claro que iso non existe. Dende Barakaldo din cando ten que votar os Galegos. Tes a sensacion de ter asumido que sendo Galego eres como de 2º division. Cada un ten o que merece, por iso en moitas cousas Galiza sempre esta na cola.

3 Bufffff

Teno bastante doado pq o P"SOE" está de capa caída e para votar a quen se sabe que van facer de manzanillos da Marea, mellor votar á Marea, ou a Feijoo, que ten moito de progre. En canto ao BNG está aínda peor que os autodenominados socialistas, e supoño que nestas eleccións será extraparlamentario. Polo que atinxe á Marea, non hai mais que fixarse na Coruña q é onde menos emprego se crea, onde é tal a incompetencia que non son quen nin de executar o presuposto, onde a súa política estrela é o guerracivilismo e o sectarismo, e aí están os 15.000 votos q perderon nas últimas eleccións, q dan idea do descontento cidadán. Feijoo ten un punto débil con Cs, por exemplo se estes prometen algo q demande a sociedade, non sei, que os rapaces poidan estudar na lingua vehicular que prefiran.

1 Argonauta

O que demanda a sociedade e castracción ( e posterior tirada de co llóns aos porcos de Madrid) para os cipaios e vendidos ao ministerio do interior (por vinte e nove denarios) tipo Buff e Nostrus.......Pasade para a corte, bestas inmundas, a enzoufar-vos na maseira, mononeuronais vendedores do voso pai!!!!!

2 Bufffff

Canto conto... Se te pos a sobreactuar para defender os chues, o glogló das subvención e postos de traballo inútiles arredor do galego faino mellor. For example: ¡Oh, fatídico abridor de fosas humildes! ¡Oh, anidesco enterrador de cristos de la gleba! ¡Oh, masacrador sempiterno de venerables ancianos, de dolorosas mujeres, de inocentes niños...! ¡Oh, monstruo; oh, verdugo; oh, tísico bebedor de sangre proletaria...!

3 Serio

O da lingua non o pide ninguén porque, básicamente, é unha imbecilidade que só cren os intoxicados de gintonic e pretensións sociais. Ben se viu cando Feijóo pasou dos alucinados de gb e ninguén chiou. Eu que sei: hai moita xente que non quere ver a realidade nin a babor nin a estribor. Supoño que antes sacan deputado os de Jácome que os franquiciados. O de guerranonseique e setanonseicantos son parvadas, claro. Por non falar do dos "chiringos". Boh, aí podes ter razón pero facemos unha cousa: se predicas con tamnta teima para retirar subvencións o instituto cervantes e para as touradas, eu tamén me poño pola miña banda. E se me dis que non, pois es un guerrasivilista e un sectario e moito máis.

4 Bufffff

Claaaaaro, claaaaro, o do galego non o pide ninguén pero perdes o cuiño a contestar. No voto inflúen unha suma de factores e identificacións. Un galego ou gusta dunha sociedade de dereitas, onde non haxa unha estatalización asfixiante, onde non se coarte a liberdade individual, ou pode dicirse que é escasamente galego. Se Feijoo desbotou as propostas de GB é porque así fai "halagos a la masa" das aldeas que poderían votar nacionalismo se alguén lles conta a verdade, que o galego non vale para nada. E non me veñas con falacias de asociación delirantes ¿Ou me estás a comparar a Castelao con Cervantes? ¿Ou me queres equiparar co español ao galego, unha lingua que é case que un dialecto ao non ter apenas cultura escrita, carecer en absoluto de ciencia ou técnica, posuir un vocabulario limitado, etc., que calquera comproba que non vale para nada? Ao políticos tamén lles ven ben ter á poboación no atraso e na ignorancia porque así é mais doado manipulala.

5 La niña del exorcista

Ola Miguelita Álvarez!

6 Serio

Arrecó como te pos! Tranquilo, furia, que xa vexo q che proe que lembren o teu fracaso en gb. Se te alporizas tanto é porque sabes que digo a verdade e ti teimas nas imbecilidades de sempre que non tragan nin no PP (lóxico e normal, por outra banda,serán pepero pero non son tan prvos). Claro que non comparo Castelao con Cervantes: mil veces mellor Castelao. O resto do que escribes siguen sendo parvadas sen lóxica nin achega á realidade. Confirmas que es un sectario, guerracivilista carpetovetónico completamente alucinado que, manda truco, non sabes nin o que significa "falacia" pero ves falando non sei que babecadas sobre que lingua é util ou non. Menos mal que os atrasados coma ti estades ben no esterqueiro social.

7 Miguelita

Hola Cagallona ¿Xa tas curada? Dixera o Maceiras que deixaras o chupe e a liberación polo gran desgaste ou custe persoal que te supuxo, do que se tirou que quedaras trastornada. Loca, e me refiro a loca carioca es dabondo, por ese aire, salero, pluma, que non se che nota nada, pero nada, de nadda ¿Cando te me hormonas e operas, mulleriña?

2 votar vieiras e pp no goberno

O NARCOTRAFICO A(PP)ESTA!!!!! -compartan please- keep clam e vota BNG!!!!

1 Comunista

O BnG xa é tan marxinal coma CxG. Votar BnG é tirar o voto o lixo e regalarlle a maioría a Frijol.