Temas: ACCIDENTE

Un cervo provoca un accidente en cadea

O accidente tivo lugar en Veiga (Ourense) e hai catro feridos.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 15/08/2016 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

Unha colisión en cadea de tres automóbiles, causada despois de que o condutor do primeiro deles atropelara un cervo e quedara parado na calzada, deixou un total de catro feridos en Veiga (Ourense).

Control da Garda Civil de Tráfico
Control da Garda Civil de Tráfico | Fonte: legaccidentes.com

En concreto, o accidente tivo lugar na OU-0804, a vía que conecta Alto do Covelo (Ourense) e Veiga, segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias alertou a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Valdeorras (Ourense). Ademais, informouse o suceso ao Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) de Valdeorras, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Posteriormente, os efectivos sanitarios trasladaron ao catro feridos, que non se atopan en estado grave, a un centro sanitario.

Temas: ACCIDENTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta