Beiras: "Voume deixar a pel na campaña"

O principal reclamo electoral das mareas promete que estará en primeira fila da batalla electoral malia que non concorre nas listas. Beiras e Villares comparten acto nunha homenaxe a Alexandre Bóveda.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 17/08/2016 | Actualizada ás 21:55

Comparte esta noticia

O voceiro de Anova, Xosé Manuel Beiras, indicou que deixará "a pel" na campaña electoral e comprometeuse a "participar especialmente" nela para arroupar o candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares, ao que advertiu que vai perder liberdade, como el, durante "moitos anos" porque "por defender a liberdade dos demais" se perde "a propia".

Beiras e Villares en Pontevedra
Beiras e Villares en Pontevedra

Este mércores en Pontevedra, Beiras participou xunto a Villares nun acto organizado por Marea Pontevedra con motivo do Día de Galicia Mártir ao cumprirse 80 anos do Estatuto de Galicia e do fusilamiento do galleguista Alexandre Bóveda.

Alí, o voceiro de Anova e membro da coordinadora provisional de Marea Constituínte, Xosé Manuel Beiras, explicou que no seu novo papel político tras abandonar a representación nas institucións se sente "máis aliviado" e "con máis liberdade".

"Vou deixarme a pel no posible (na campaña)", asegurou Beiras, aínda recoñecendo que non ten "as mesmas enerxías" e non pode "facer disparates", aínda que se comprometeu a "participar especialmente" na campaña electoral con Villares.

"NUNCA" EN SEGUNDA LIÑA

"Nunca estou en segunda liña", precisou Xosé Manuel Beiras, a pesar do seu anuncio de abandonar a actividade parlamentaria, onde xa non se considera "necesario" e mesmo advertiu que a súa presenza podería ser "contraproducente" para Luís Villares.

Así mesmo, Beiras eloxiou o "xeito de entender a xustiza" do maxistrado lucense "a favor do que padecen a inxustiza". "Parte da metralla que se podería lanzar contra Beiras, con este home non vale", engadiu.

Xosé Manuel Beiras cualificou de "terrorífico e mortal" o efecto que podería causar Villares a Núñez Feijóo, aínda que eludiu dar un prognóstico sobre o resultado electoral das eleccións do 25 de setembro. "Cando hai mareas vivas xa sabedes o que hai", advertiu.

HOMENAXE A BÓVEDA

Por outra banda, no acto fíxose un recoñecemento a figura de Alexandre Bóveda, asasinado polas tropas franquistas un 17 de agosto de 1936. O candidato de En Marea puxo o intelectual galleguista como "verdadeiro exemplo ético e eterno na historia de Galicia" e destacou a "vixencia" do seu legado "ata o final, de país, de xustiza social e espello no que nos mirar día a día".

"Creu na liberdade e defendeuna ata as últimas consecuencias", engadiu Luís Villares en alusión o seu fusilamiento en A Caeira hai 80 anos. Non obstante, non recordou esta data como un "momento luctuoso", senón como "recordo e enerxía" pola súa contribución a "darlle substancia á nación".

Xunto con Villares e Beiras, o encontro contou coa presenza da senadora de En Marea Vanessa Angustia, a concelleira de A Estrada Mar Branco, a filla de Bóveda, Amalia Bóveda, e o voceiro de Marea Pontevedra no concello, Luís Rei. Este último confiou en que tras as próximas eleccións autonómicas se configure un goberno na Xunta como "a Galicia que soñaba Alexandre Bóveda".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

6 eugostodemamar

O camarada-requeté Buff está un pouco estresado. Recomendaríalle uns exercicios espirituais na illa Perexil. Si, xa sei que alí só hai cabras, pero agárdase ao carneiro da lexión de manobras. Polo demais, hai que ter compaixón por este pobre doente. As súas tremendas experiencias infantis en coros catedralicios e bandas de gaitas da OJE, onde lle afinaron ben o punteiro, deixaronlle secuelas incuráveis. Por certo, acabo de chegar dun gratificante viaxe de pracer coa túa nai. De parte dela, que a chames máis a miúdo, que está moi preocupada polas túas extremas tendencias zoofílicas.

5 Estajanovista Ghosé Manuel

Isto que quere dicir que se vai levantar da sesta ás 6 da tarde en vez das 7 http://www.lavozdegalicia.es/notici...

4 Hipólito

Se é certo que Bóveda participou nunha repartición ilegal de armas, o certo é que era un delincuente, coas leis de 1936 e as de 2016. As cousas como son

3 Antinostrus

Pergúnto-me eu se calquer fillo da grande putaine pode dicir e ficar tan fresco que os golpistas do exército español representaban algún tipo de legalidade en xullo do 1936.. mais aló da legalidade da mafia, do matonismo, do nazismo mais abxecto e do mononeuronalismo mais primario......estando, neste caso, totalmente xustificada a súa exterminación (e mais aínda hoxe) cal parásitos perniciosos para una sociedade de ben.....

1 Bufffff

Hai tempo que vos perdín o medo. Pago hai anos un suplemento no teléfono fixo para evitar que me dean a murga con ameazas. Despois están os seguimentos, etc. Mira xa o contei unha vez e non o vou repetir que non me gusta dar pena ¿Cres que non sei que me ides matar? Aquí estou, pero non vos teño medo, matádeme cando queirades, pero non vou calar a miña verdade.

2 Leo

Cando se len semellantes burradas como as de Antinostrus - que Galicia Confidencial mantén coa responsabilidade legal que iso implica - só queda lembrar que calquera sociedade recoñece o dereito á lexítima defensa dos seus cidadáns. En calquera caso, exabruptos propios de niñatos.

2 Bufffff

O de chamar mártir a Bóveda é un delirio, similar ao invento de chamarlle Alexandre cando asinaba AlexandrO ou XandrO. É delirante chamar mártir a quen participou nun reparto de armas; a un exaltado de cuxa furia houbo que protexer a D. Gonzalo Acosta, gobernador civil de Pontevedra, do que dicía: "hai que matalo", que era unha "traición" porque Acosta --non debeu opoñer ningún tipo de resistencia a quen neses momentos representaba a lexitimidade pura e perfecta da Patria alzada en armas contra os seus inimigos interiores, e así non lle custaría tamén a vida-- digo que Acosta con moi bo criterio aínda que tarde, resignou o mando nas autoridades militares porque non quería ser "fratricida". Foi fusilado porque desde un punto de vista xurídico foi un perfecto traidor ao opoñer resistencia ao avance do exercito empregando os resortes do mando civil; e ao que se lle puido apreciar a agravante de perversidade do delincuente por facelo como dirixente.

1 Neozelandés

Preguntome eu algún que é o que ten na cabeza. Poderíamos estar dacordo con Bóveda ou non, pero decir que foi un traidor e nada menos que dende o punto de vista xurídico por enfrentarse a un levantamento, manda carallo co ollo clínico e xurídico. Pero bueno, o falar non ten cancelas. E estoume dando conta que comentar esto rebaixame.

2 Bufffff

Se queres falamos do papel que tivo Bóveda no Santo Pucherazo do plebiscito estatutario galego ¿Ou é que o feito de que no seu caso consideres que a condena foi inxusta, conleva automáticamente outorgar dignidade ao comportamento do condenado? Levantáronse contra un goberno ilexítimo ao proceder de eleccións amañadas (pucheirazos en doce provincias, o expolio posterior da comisión de actas que entregou á esquerda 32 escanos gañados pola dereita, eleccións repetidas e fraudulentas en Cuenca e Granada, etc.) e un goberno indigno ou ilexítimo no exercicio ao exercer o poder ao servizo de organizacións revolucionarias que formaban parte da Fronte Popular, que perseguían fines e usaban medios non autorizados na Constitución do 31.

3 Nondarásfalsotestimonio

Pero, señor buff, vostede de qué fala? Os militares alzados do 36 tiñan dereito a asasinar a millóns de persoas como fixeron? Quitaron un goberno ilexítimo , segundo vostede, e se puxeron eles? Eran eles lexítimados pola poboación por 40 anos? Estou empregando simplemente a súa propia argumentación ata aquí; pero agora vou noutro senso, porque fala vostede do pucherazo e de ilexitimidade no estatuto con moita liberdade. Segundo iso vostede debe ter algunha proba do que di, algo así coma documentación contrastada e verificada, algo que poidamos ver os demáis. Confeso que o tema da guerra civil dame noxo, porque se algo hai que amose o noso atraso coma sociedade é a ditadura posterior, herdeira de Hitler e Musolini e sen cabida en Europa; pero aínda así gostaría de saber o que din vostedes.

4 Bufffff

Millóns? Non serían miles de millóns? O Santo Pucherazo está moi estudado e ratificado por persoas q participaron nel, caso de Pousa Antelo ou Jaime Quintanilla Ulla. Que mais proba quere q o sí ao estatuto superase o 99% dos votos ou que a participación fose superior ao 74% do censo... na Galicia do 36? Lea un pouco, ande. Se é en historiadores non militantes, moito mellor.

5 parvus

Fáganlle caso ao camarada requeté Bluff, funcionario eméritísimo e nos seus tempos libres, que son moitos, historiador sesudo. Todos sabemos que a fonte de sabiduría eterna son o libro gordo de Pío Moa e as obras insignes de Ricardo de la Cierva, todo aderezado cos discursos de Che Mari Asnar e, últimamente, a brillante dialéctica de Alberto Primo de Rivera. A pitopausia é o que ten: procúranse remedios desesperados (polo visto, os documentais de fauna salvaxe da Dúas xa non lle fan efecto). Permítolle suxerirlle ao camarada requeté Bluff que probe na granxa do Eulóxio: últimamente importaron especies moi interesantes. Por certo. recibiu vostede meu correo???

6 Bufffff

Non tes npi, non te enteras de nada, nin da miña dirección de correo pas pán. Vai rañarla por aquí http://www.larazon.es/historico/242... Tamén che podo recomendar http://www.elmundo.es/opinion/2016/... Podo seguir con Julius Ruiz, etc. Se esperas que che recomende ou beba de fontes dos chamados historiadores militantes, que levan o carné entre os dentes, vas de cuiño. Hala, abur ben hur.

7 Nodarásfalsotestimonio

Dixen millóns, non son coma vostedes que, cando queren esaxerar os desastres do PSOE falan de miles de millóns (de pesetas, claro). Voullo repetir: Tiñan mais lexitimidade os golpistas? Houbo votacións para decidir a guerra, a represión posterior á mesma e a emigración masiva dos mellores talentos de España? O de " morra a intelixencia", o asesinato de Lorca, o atraso do país a inutilidade do goberno de Franco que deixou o país arruinado e logo falaba de "MILAGRO ESPAÑOL"...todo iso o dubida vostede? Quédome con isto do seu Payne: "La total ineficacia de una represión blanda fue uno de los factores que convencieron a los militares sublevados en 1936, que debían imponer su propia represión mortífera y sin piedad" . Como dixen antes, este tema me da noxo, e a xente coma vostede, dogmática, xorda, e idiotizada polos do Tea-party máis ainda... Aquí o espero se quere que lle amose o que é España, a ver se aprende un pouco.