Cal é o partido máis pequeno con opcións reais de determinar o goberno de Galicia?

As candidaturas que teñen posibilidades de entrar no Parlamento de Galicia son, segundo as enquisas, cinco: Partido Popular, PSdeG-PSOE, En Marea, BNG e Ciudadanos. Con todo, outras 15 listas deron un paso ao fronte. O Diario Oficial de Galicia publicou onte a relación de todos os candidatos. Presentamos aos que animaron a desafiar os prognósticos e as posibilidades reais de cada un.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 25/08/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Democracia Ourensana é quen parte con máis opcións entre os partidos pequenos, polo menos en teoría. Os populistas que lidera Gonzalo Jácome sacaron case 15.000 votos. Viñan sobre todo na cidade de Ourense, pero tamén doutros dous  concellos veciños, O Pereiro de Aguiar e Barbadás. Na primavera de 2015 estes independentes lograron o 7,82% dos votos na provincia. Moi por riba do  mínimo fixado na lei electoral para o Parlamento de Galicia, que é do 5% por provincia. Ademais, daquela só se presentaban en tres concellos e agora poderanos votar toda a provincia. 

Xoán Bascuas, no acto de Compromiso por Galicia do 25 de xullo
Xoán Bascuas, no acto de Compromiso por Galicia do 25 de xullo | Fonte: CxG.

Ao seu favor xoga tamén que non sufriron desgaste algún, pois non gobernan en ningures e pasaron de competir nas xerais. Fieis ao peculiar estilo Jácome, seguen a ser un ariete opositor aló onde participan, tanto nos municipios como na oposición. 

Na súa contra xoga que o cartel non é Jácome -famoso en todo Ourense polas súas diatribas en Auria TV-, senón unha persoa moito menos coñecida. Trátase de José Miguel Caride, que se define así mesmo como "polifacético ourensano de 51 anos, avogado, músico, asesor político e xurídico de D.O., e  actualmente inmerso tamén como produtor da película-musical Rebel”. De repetir o volume de votos das locais, case seguro logran un deputado. E se conseguen un representante, a cor do goberno pode depender deles.

Votación clave para Compromiso por Galicia

Estas eleccións resultan clave para o partido galeguista tras un período complicado. Moitos dos seus membros proveñen do BNG, ao igual que parte da militancia de ANOVA e as mareas. Algúns dos que foron os seus principais referentes (como por exemplo o ex-senador Pérez Bouza) pasaron este ano a apoiar as confluencias cidadáns de En Marea. 

Unha das campañas electorais realizadas por militantes do Pacma
Unha das campañas electorais realizadas por militantes do Pacma | Fonte: pacma.es

Estas marchas son produto dun debate interno no que a militancia votou en varias ocasións presentarse en solitario fronte aos chamamentos dalgúns dirixentes a coaligarse coas mareas ou co Bloque. Así as cousas, estas eleccións permitirán avaliar se Compromiso ten opcións reais de ser un actor influínte na política galega máis alá de certos concellos (goberna por exemplo en Lalín e ten concelleiros noutra ducia de municipios,sumando 41 edís en total). 

Os galeguistas téñeno complicado en teoría para entrar no Pazo do Hórreo. Nas eleccións locais de 2015 -que suponse eran máis favorábeis para eles ca as autonómicas deste setembro- sacaron case 18.000 votos en todo o país. Isto é a penas o 1,2%, lonxe da barreira do 5%. Os seus cabezas de cartel son o líder autonómico Xoan Carlos Báscuas pola Coruña, Juan Carlos Piñeiro por Lugo, José Mosquera por Ourense e Andrés Nuñez Rajoy en Pontevedra.

Os animalistas liderados por mulleres

Outras que abofé recollerán miles de votos son as do Partido Animalista. Nas xerais de hai dous meses apañaron máis de 16.000 sufraxios, o 1,07% do total. Beneficiáronse dos descontentos con outras opcións, pois aumentaron 3.000 dende as xerais de decembro de 2015. As súas cabezas de cartel son todas mulleres. María Luisa de Ceano-Vivas Hernández pola Coruña, Noelia Pena Ramos en Lugo, Paula Rodríguez Méndez en Ourense e Sheila García Núñez en Pontevedra. 

Os máis pequenos entre os máis pequenos

Os liberais de Converxencia Vinteún -que se presentan por todas as provincias menos Ourense-, Escanos en Branco -que só se presenta en Pontevedra e que nas pasadas autonómicas recollera case 17.000 sufraixos, o 1,2% do total-, e a agrupación de electores Recortes Cero-Grupo Verde -na que participa a veterana Unificación Comunista de España- son outras papeletas que soarán de pasadas eleccións aos cidadáns que vaian a votar o 25 de setembro.  

Ganemos Galicia, Comunistas da Galiza, Unidos por el Futuro, Cidadáns-Centrum (no que participan membros de Ciudadanos que marcharon do partido laranxa tras a polémica do candidato á Xunta),  Partido Libertario, o novo partido Vía Nova Galicia, Acción Democrática Ciudadanos de Galicia, Alternativa Independiente de Galicia e Partido Anticorrupción y Justicia completan a lista de opcións para o 25S.

Miguel Caride, de Democracia Ourensana, nunha imaxe do seu Linkedin
Miguel Caride, de Democracia Ourensana, nunha imaxe do seu Linkedin
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 47 comentarios

13 Alberte

Falange Española Independente, inserida na Marea. ¡¡Patria, Patria, Bandera, Bandera!!

12 anonimo

sen comentarios

11 Balbino Fernández

Hai censura en GC? Pois eu só perguntei por que non sae a nova publicada, en dixitais e La Voz ou na TVG, sobre a brutal agresión cometida pola vosa colega a deputada Pam sobre Carmén Santos chamándolle"puta coja"? Ou a do lugués falanxista, recoñecido por el mesmo, agora de Podemos que asesora a Carmén Santos? Borrar comentarios non é unha práctica que amose liberdade! Iso faino Sermos da UPG, herdeiro de ANT na que algúns aprenderon a censurar...

1 comunista independentista

"Brutal agresión" unha boutade de Telegram... Tí que és? Un aluno de Eduardito Inda?

2 Sara Quinzan

Brutal parece pouco! O comentario fixose nunha rede para burla e desprezo dunha compañeira/rival. Barbaro por ser Angela Rodriguez, alias Pam, a responsable de IGUALDADE de Podemos Galicia. Insultante por ir dirixido a unha muller. Vexatorio por ser esta discapacitada. Vomitivo por presumir a tal Pam de feminista dando palestras. Miserento por ser a Pam tan sensible cando lle tocan. E digo mais, Villares unha vez mais amosou a sua covardia. E agora pregunto ao machista de turno, es ti fascista dependentista (por merendiñas da "nova politica")? Cheiras a vello raposo!

3 LKI

Qué patético és Saro, facéndote pasar por muller. Os trols do BeNeGá xa non tedes remedio nin travestíndovos. "O inimigo do meu inimigo é o meu amigo", e daí non pasades. Se a Santos chega rodeada de vellos carcas a reventar unha palestra sobre feminismos, a culpa é da poñente por desafogar no Telegram, claro. Van falar de machistas e de fascistas dependentistas os que ladran para os vellos coroneis. BeNeGá=RIP.

4 Desiderio

Lki e comunista indi, sodes ben baixos de estatura moral. Rastreiros machistas. A que conto traedes aquí o Bloque? Os vosos demos particulares serven para tapar todo? Non, non hai como disculpar a deputada, pois non só insultou a unha compañeira, fíxoo con todas as mulleres, con todos os discapacitados (Cogami e grupos estatais pediron a dimisión), con todos os militantes e votantes de Podemos, con todas as personas decentes. A donde vai presentarse Pam agora? E con que cara? Non chegan as disculpas, por iso Villares defrauda, igual de tibio que Raxoi coa corrupción. E Podemos defrauda se non esixe dimisión. E ó Bloque, que tanto vos preocupa, que desaparezca de vez, que da fede, pero non para dar entrada a trepas ma!educadas, de bixo perfil político e nulo nivel humano.

5 M. Meixide

O "comunista independentista" e o LKI fican retratados como o que son: machistas trolebuses con mantenza nas mareas, andan as crevas do barco afundido do BNG, a ver se apañan... Polo estilo, descalificador e groso parecen ex da UPG, por bocazas poden ser da escola da vida de bares da Pam. Xa os vexo mudando de nick, o que usan está gastado.

6 Antinostrus

Pois fixa-te ti se eran malos malotes os de ANT, BNG,....etc..etc, que o Director deste GC traballou no ANT Dixital e todos os Leaders da Esquerda e , tamén, o secretario do PP na Galiza mamárona no BNG..(estou mintindo??)..algo apreenderian alí, digo eu, para sairen, xa que logo, tan avantaxados a posteriori..!!!!...ademais de que ti, que nos coñecemos moi ben todinhos, foches o trocacueiros do Bautista (con soldada de liberado) durante dous longos anos........así que coidadinho con cuspir cara arriba......

10 Trosquiño

Unha preguntiña. O baixo perfil informativo do candidato das Mareas á Xunta empotrado na lista de Lugo ¿débese ó resultado desas primarias raras cun só candidato? Sí, home. Esas nas que a provincia que menos o apoia é a súa propia, aínda menos ca na Pontevedra de Podemos. Na que o candidato que competiu con outros e sacou o maior número de votos, vai de terceiro, sen absolutamente ningunha posibilidade de escano.

2 Antinostrus

Querera-lle facer sombra ao Poeta Sobre Colledor (alias Fernan Velho, especialista en greguerías varias e metaignorante político: chegou a dicer que o Orzamento do EE eran só 1000 millóns de euros...cando andan polos 400.000)............eso sí, superado en "soplapollez" (permíta-se-me a licenza) polo noso cipaiomononeuronal de cabeceira: o malandrín acortellado do Nostrus!!!!!

9 nostrus

venga, no os enfadeis, el partido mas adecuado para gobernar Galicia será C´s, porque será el único con agallas para enfrentarse al nacionalismo y desenmascararlo. tendremos una Galicia mas limpia y se respirará mejor, la gente podrá hablar la lengua que le de la gana sin ningún tipo de perjuicio ni tener que meterse en el armario, habrá diversidad y se dedicaran los esfuerzos a solucionar los problemas de las personas en vez de discutir si somos galgos o somos podencos.

1 Antinostrus

Agallas dí o "pajillero" profesional - ademáis de mamporreiro e palanganeiro, aos ratos libres- do Ministerio do Interior, sección Cipaios Mononeuronais...!!!!..ai que ter morro....oink, oink,.....Busca ao teu pai baixo a maseira, bíedo españoleiro miserento......

2 Antinostrus

Nada menos que de Agallas fala o "pajillero" profesional- ademáis de palanganeiro e mamporreiro aos "ratos ceibes" -do Ministerio do Interior (sección Cipaios Mononeuronais)....busca ao teu PAI baixo a maseira, miserento bípedo españoleiro!!!!.

3 Xanti

Aquí un pail@n que non sabe o que é Galicia...

4 nostrus

Antinostrus. Pois si, agallas é o que fai falta para collervos polo fuciño, cousa que non teñen nin PP nin PSOE. Deixa que C´s teña forza e veredes o que vale un peine, remataredes coa vosa constante e cansina costume de entrometervos na vida da xente e dicirlle o que ten que facer para non ser excomulgado de Galicia. Agora ben, pola vosa parte podedes rezarlle a quen vos dea a gaña mentras non molestedes.

5 Antinostrus

Ai meu Oligofrénico Españoleiro (que ven a ser o mesmo) de Nostrus: cada tres meneadas repite compulsivamente: Xoséantóncurmanderiveira, xoseantóncurmanderiveira, xoseantóncurmanderiveira (ou se o prefies no teu noxento roman cervantivo- variante ártabra -: goseantonioprimuderivera)..!!! e chegarás antes ao éxtase...a lefa póde-la botar na maseira para aproveitá-la no xantar a ver se, ante tal dose de autoenerxia, das feito sinapse coa outra neurona......Lousada: como troska fartaria-se de fornicar (para o único que valían: C. Príncipe, outro miserabel entrista, nin para iso)...agora, PorTierraMaryAire....manda chover na Habana!!....e tí, inocentón (ou hai vinte e nove denarios ministéricos de por medio?) de Mamporropalanganeiro!!!.