División no BNG polo suposto trato de favor a empresas afíns

Non están gustando nada entre a militancia e unha parte da dirección do BNG as informacións que apuntan ao suposto trato de favor recibido por varias empresas dirixidas por militantes nacionalistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/06/2009 | Actualizada ás 15:24

Comparte esta noticia

Sen embargo, outro importante sector da dirección, os elixidos baixo a APU, opoñense a esta medida e xa botaron en contra dela nunha reunión da Executiva.  Dende a UPG denuncian que detrás desta "campaña mediática" está o PP e o PSOE que utiliza ao diario El País para atacar ao nacionalismo.

En ámbitos nacionalistas cundiu o nerviosismo e aínda que recoñecen certa "intencionalidade" nestas informacións, non ocultan tampouco que este tipo de actitudes danan a imaxe do BNG e, por iso, apostan por unha investigación interna por parte da propia formación frontista para "aclarar todo o que haxa que aclarar se é que hai algo que aclarar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

39 flako

xa, xa, ... todo moi bonito ... o mesmo conto de sempre

38 laborgal

Este blog faise eco, sen contrastar, dunha información de El País redactada sen o máis mínimo contraste. Nunca se puxo tal xornal en contacto coa nosa empresa a tal fin. A súa información é un cúmulo de irregularidades, medias verdades, afirmacións interesadas, acusacións veladas e tendenciosas formuladas a fin de construír a grande mentira: unha organización política creou unha trama empresarial para financiarse ilicitamente. Falso. Entre outras mentiras, afírmase que no ano da súa fundación, a empresa conta só con catro clientes. Falso. A empresa conta con 51 clientes privados (entre os que non está aínda a día de hoxe a CIG, por certo). Este número duplicouse a día de hoxe; a ver logo desta caza de bruxas cantos nos quedan, porque a tendencia dos seus donos reflectirá suponse o reparto de forzas que se dá neste país. Entre os de ámbito público atópanse o concello de Negreira, a Consellería de Traballo e Tragsa. Sirva este exemplo para desmontar a falacia. E así continúa o informe que está en mans do noso asesor xurídico, en función do cal tense convocado a El País a unha rectificación nun prazo de tres días, antes de proceder a outro tipo de medidas legais. Sentímolo polos lectores deste blog, pero non imos facelo público. Non pretendemos unha rectificación dos seus atrevidos comentarios, cada quen queda retratado neles.

37 cachamuina

É abraiante, pretenden criminalizar o feito de que unha persoa con mínima relación co nacionalismo teña contratos coa Xunta, e aínda hai quen lles fai o xogo, por descoñecemento ou por malicia. A empresa dun irmán de Fernando Blanco facía traballos para a Xunta anterior do PP, seguiunas facendo e xa saíu algún falando de corrupción. Incríbel, coa de políticos de PPSOE que hai encausados por corrupción e vós non dicides nada, pero si preocupándovos de que un conseguiu un contrato, de díxome-díxomes e de lerias varias de El País, o xornal do PSOE.

36 flako

o bengá, tal como o ceñecíamos e amabamos, está moribundo a causa da avaricia duns cantos impresentabeis koroneis que controlaron o poliburó sen ética nen escrúpulos democráticos. sábemolo moi ben centos de militantes desilusionados.

35 ollomol

non mezclar as fundacións comarcais nos lios e chanchullos de BNG, a istas e o seu persoal era ás únicas que querían "eliminar a toda costa" a pesar de reconocer nas actas os respectivos presidentes do padroado, que estaba a falar de "persoal válido e preparado". E decir "xuntos sí pero non revoltos". "Boa travesía no deserto da oposición", xa que a mellor xustiza e voto libre e democrático dunha sociedade galega madura e intelixente.