Aberto o prazo de cita previa para lograr a tarxeta de transporte metropolitano 'Xente Nova' para menores de 19 anos

Os usuarios deben cargar a tarxeta para os desprazamentos que realicen e este diñeiro será reintegrado cada 15 días

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2016 | Actualizada ás 18:07 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta activou este venres un servizo de cita previa para obter a tarxeta 'Xente Nova', expedida gratuitamente por Abanca e coa que os mozos de entre catro e 19 anos poderán viaxar gratis no transporte metropolitano a partir do próximo luns.

Segundo recordou a Xunta a través dun comunicado, esta nova iniciativa ofrecerá un máximo de 60 viaxes interurbanas ao mes e tamén permitirá o seu uso para transbordos en autobús urbano, sempre que formen parte do mesmo desprazamento.

Así mesmo, a Administración autonómica sinalou que esperan que os concellos que posúen transporte urbano propio, respondan á petición do Parlamento galego e apliquen esta medida para os desprazamento dentro das principais cidades.

Neste sentido, reiterou que con iso se facilitará o acceso da xuventude aos servizos básicos como a sanidade e a educación. Ademais fomentarase o uso do transporte público, ao tempo que se axuda á economía familiar.

FUNCIONAMENTO

A Xunta detallou que o usuario de 'Xente Nova' debe cargar a tarxeta para os desprazamentos que realice e este diñeiro será reintegrado cada 15 días. Deste modo, producirase a devolución do 100 por cento do importe daquelas viaxes realizadas, ata un máximo de 60 ao mes.

A continuación, a Administración porá a disposición dos usuarios os días 5 e 20 de cada mes a devolución. Así, os consumos realizados entre o 1 e o 15 de setembro devolveranse o 5 de outubro, mentres que os realizados entre o 16 e o 30 de setembro, figurarán a partir do día 20 de outubro.

Dende a data na que se pon á súa disposición, os mozos dispoñen de dous meses para aceptar este reintegro. Para iso terán que confirmar a súa situación nos caixeiros e, ademais, poderán consultar o seu estado na páxina web http://tmg.xunta.gal/consulta-tarxeta. Como medida de promoción, as 50.000 primeiras tarxetas serán entregadas cunha carga inicial de 20 euros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta