Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/08/2016 | Actualizada ás 14:38
Así, o ente informou que os moderadores serán Marta Darriba, directora e presentadora do espazo informativo da TVG “Bos Días”, e Kiko Novoa, director e presentador do magazine matinal da Radio Galega “Galicia por Diante”. O debate será o vindeiro 12 de setembro en horario de prime time, a patir das 21:30 horas.
Os cabezas de cartel de PP, PSdeG-PSOE, BNG, En Marea e Ciudadanos serán os únicos invitados nos platós da TVG en San Marcos (Santiago). A TVG argumenta que eles son as caras de "as cinco forzas políticas actualmente máis representativas en Galicia" e engade que " xa confirmaron o seu interese en participar".
Con todo, non todo está pechado. A TVG admite que os 'fontaneiros' dos distintos partidos e a dirección do ente público continúan actualmente en conversas para concretar os detalles dun debate, por exemplo se haberá, e cales serán, os bloques temáticos. O que si se sabe é que os cinco disporán do mesmo tempo para intervir.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.