O "Exército Mekemeke", primeiro podcast en galego que chega aos Premios Ondas

O Exército Mekemeke é un videopodcast en galego producido e presentado por Carlos Vieito, cunha duración de media hora que se publica semanalmente a través das principais plataformas de podcast e vídeo, como son Spotify e Youtube

Por Galicia Confidencial | Ames | 11/04/2024 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

O videopodcast de Carlos Vieito quedou como un dos finalistas a Mellor Podcast en Lingua Cooficial do Estado, sendo o primeiro programa en galego en ser nominado aos premios organizados pola Cadena SER e Podimo.

Exercito Mekemeke no Carballo Interplay
Exercito Mekemeke no Carballo Interplay


O Exército Mekemeke é un videopodcast en galego producido e presentado por Carlos Vieito, cunha duración de media hora que se publica semanalmente a través das principais plataformas de podcast e vídeo, como son Spotify e Youtube. O programa conta coa colaboración do músico, Xabier Dios; a actriz, Lidia Veiga, e o cineasta, Miguel Gómez Abad. Ademais de ter como voz en off a unha das figuras máis recoñecidas da dobraxe galega, como é Antón Rubal.


O programa grávase e forma parte da grella da radio local, Ames Radio, a través do programa aberto de radio cidada lanzada polo Concello de Ames. Do mesmo modo, é difundido a través das redes sociais onde ten unha gran acollida pola sociedade galega ao ter un ton humorístico e tratar principalmente que afectan á xabaxeración. As plataformas nas que máis éxito teñen son Instagram, TikTok e Twitter.


Despois de 1.252 candidaturas, chegadas dende 19 países, por primeira vez un programa integramente en galego, consegue formar parte destes premios internacionais. Os mekemekes lograron formar parte dos cinco programas nominados a Mellor Podcast en Lingua Cooficial do Estado, xunto a producións de Catalunya Radio, Eitb e IB3. Finalmente o premio levouno Gent Normal de Catalunya Radio por abordar a saúde mental dende unha perspectiva natural e sensíbel.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta