"ALEA IACTA EST"

Preto dun 30% dos pais quere que a ensinanza dos seus fillos sexa só en castelán, fronte a un 20% que quere que se faga só en galego. Case o 50% aposta polas duas linguas tanto na ensinanza Primaria, na secundaria como na Formación Profesional. Estes son os datos da enquisa encargada por Educación e que deu hoxe a coñecer o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.  Gaña, pois, o ensino bilingüe tal e como resalta a propia Xunta nun comuicado de prensa. Podes ver o informe completo aquí.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/07/2009 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

48 youspinmeround

O teu é non gañar para sustos:

"Nunca un goberno estivo en mans dun grupo que representa a tan poucas persoas".

Pero, home, polos cravos de Cristo...

E a ver se me dis que delito "impugnaron". Imaxina a situación: Sr. policía, veño a "impugnar" que me roubaron a carteira ou que a Xunto fixo mal a enquisa e cometeron delito, ou que gastaron os cartos en contra do disposto na lei de Contratos...

Mira meu, o bloque ten por costume facer un montón de grupúsculos aos que se suman todos os militantes para ocupar parcelas na sociedade e parecer que son moitos mais cando en realidade son unha minoría: sexa a Mesa, sexa o sindicato labrego, sexa a sociedade pedagóxica, sexa... un porrón de grupúsculos que cando chegan as eleccións todos votan bloque. E aínda así, di anónimus que está o bloque no 6.9%

Permíteme un exemplo e unha pregunta que é significativo do bluf que hai no bloque: cando se cambiou o topónimo La Coruña para referirse á provincia, lembro ben que na exposición de motivos dicíase algo así como que o cambio era normal porque xa ninguén usaba para a cidade da Coruña a forma La Coruña... ¿Alguén se pode crer unha cousa así cando até os rapaces agora, para non dicir A Coruña (que lles parece un rollo nacionalero) tenden a empregar Lacoru?

A pregunta é: ¿ti sabes se todos os socios da maior asociación cultural galega, -A Mesa- pagan cuota? ¿E se non pagan, sabes se os dan de baixa ou funcionan como un partido político que nunca dan de baixa aos militantes aínda que non paguen? ¡Pillíns!

47 Bule bule

Por suposto que non tiñan que facela. Total, xa o tiñan decidido todo. Por iso non lles importa que non teña ningunha garantía e que non serva absolutamente para nada. Por que insinuar que serveu para sacar datos obxectivos é un insulto a intelixencia das persoas. Pero aquí estamos, co tema dos 400 mil €. Entón Yous, gastáronse 400 mil € de todos os galegos en...NADA!! Viva a austeridade!!

Non dubido de que teña que gobernar. Se te fixas o que critico e que algúns grupúsculos que non son quen de xuntar a 4 gatos e teñen que traer a xente de fóra, laianse de se-los que puxeron o PP no goberno, cando este partido ten o 98 % dos votos seguros. E se escudan precisamente nese número, para conseguir o que queren. Xa que se fixan en iso, postos a falar de maioría, hai un maior grupo de persoas que puidendo votar o PP, pois non o fixeron.

Se agora ó PP pide a indepencia de Galiza, o día das eleccións, asegúroche que non baixan dos 600 mil votos. Iso e o que queren os galegos Yous??

Nunca un goberno estivo en mans dun grupo que representa a tan poucas persoas. E se cres que se deterán ahí, estás moi trabucado. Moléstalles o Decreto do 2004 no que se basa o Decreto do Galego na ensinanza. Moléstalles a Lei de Normalización lingüística de 1983. TODAS estas leis foron aprobadas por UNANIMIDADE. E algunhas, aprobadas polo propio Feijoó.

Democracia dis?? Perdoa, pero en Galiza xa non estamos en democracia. Cando un goberno deixa de face-las súas funcións, e cae en mans de radicais minoritarios ou fai pseudoenquisas totalmente viciadas dende o principio para "xustificar" o seu modo de actuar, xa non estamos en democracia. Isto parece as eleccións das repúblicas bananeiras. Moi democráticas, si.

Para min perderon gran parte da súa lexitimidade por que non son eles os que están gobernando. Así de claro.

Mira rapaz. As decisións dun goberno poden ser éticas, legais ou legais e éticas. O PP é raro que escolla a 3º opción e se a escolle, é por pura casualidade. Bástalle con que sexa legal ou bordee a legalidade.

Colocar familiares e amigos nas administracións como fai Baltar é legal?? Pois pode ser. É ético Yous?? NON.

Ter un conselleiro de Industria que teña empresas é legal?? Pois tamén. É ético que o responsable de que se invirta no país, de que veñan empresarios teña as súas empresas deslocalizadas noutro país?? NON.

Terán toda a lexitimidade que queiras Yous. Agora, que non a merecen, na miña opinión.

O que me extrana e que persoas coma ti crítiquen ata as veces que van o baño outros políticos, e sen embargo teñades sempre palabras para xustificar calqueira baladronada do PP. E o volvo a dicir. Así nos vai.

46 Xandokas

Quintana! ... o home que encarrilou ao BNG cara o 5%!!!!

45 Xandokas

Buffff....!! ... moito se tardou en "cociñar este guiso"....!!!!
¿Acaso teremos uns gobernantes dignos dunha República Bananera?

44 youspinmeround

Bule bule, xa che digo que podes opinar que a enquisa é unha kk-de-la-vaca. Pois moi ben. Nas vindeiras eleccións se gañan os teus, faredes a enquisa doutro xeito, ou faredes un referendo, ou non faredes nada, porque para modificar o decreto do galego non compre de enquisa algunha nin de referendo: o modifica un goberno que ten maioría no parlamento, e punto. E por certo, se te quedas mais tranki meténdome no PP, alégrome, pero eu hai anos que non voto ao PP. Voto o que me da a gana ou non voto. O goberno actual fixo unha enquisa para modificar o decreto famoso, pero non tiña porque facela, ¡quédate con isto!

E o que me parece arrepiante é que dubides que o PP goberna con toda lexitimidade, o cal non di moito do teu espírito democrático. Cando gobernou o bipartito, tamén sacou mais votos o PP que PSOE+BNG, e gobernaron coa mesma lexitimidade que agora o PP.

Sobre a "impugnación" (isto é novo)... ¿Qué está "impugnada"? ¿A enquisa ou a contratación? Non sabía eu que cando un cidadán coñece un delito -porque ti sostés que o PP cometeu delito á hora de contratar a enquisa- un pódese ir a comisaría e dicir: veño a "impugnar" un delito ¿Denunciaron na policía, na Garda Civil ou nun xulgado que a Xunta do PP cometeu un delito ao contratar a enquisa? ¿Que impugnaron e ante quen?