Silencio oficial na Xunta

Xa hai días que se fala da fusión de Caixa Galicia, Caixa Madrid e Caixa do Mediterraneo, unha operación que as situaría como a primeira entidade de caixas de todo o Estado pero que, no caso galego, deixaría a case o 20% da súa plantilla na rúa...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 03/08/2009 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

23 galleguiño

Ser ou non ser, esa é a cuestión.
Obviamente que CG sexa absorvida por Caja Madrid , ou laCaixa ou CaixaCatalunya que tanto da (iso por contestar a un imbécil por ahí arriba)non é bó para Galicia. As inversións dos aforros de milleiros de galegos non redundarían na mellora de Galicia.
Mais , mellora de Galicia?, quen quere iso se a fusión redundaría na mellora de España?.
Se cando algo é positivo para Galicia e non tan bó para España e ten que tomar a decisión o PP este partido obviamente non optará por Galicia, senón por España.

Se a algún galego lle fode que a decisión sexa así, deberá entender que o PP non é o seu partido, e votar a outro que poña os intereses de Galicia por diante.

É así de claro e de simple.

22 un

O triste é que o presidente da xunta actual non teña poder suficiente para negarse. Feijoo é un monicreque, vale para a propaganda, e catro cousiñas para quedar ben pero despois é un mexamorniño. O PP quere a fusión e Feijoo non ten collóns para dicir unha verdade tan clara como que a Galicia iso viríalle moi, pero que moi mal. Por iso non dí nada, por iso cala como unha mona.
A pesares de todo non vai haber fusión porque a resposta contra unha fusión que non sexan as caixas galegas sería moi forte. Non só porque hai membros de PSOE e BNG nas caixas que terían voz e voto. Senón porque o localismo coruñés non estaría disposto a perder CaixaGalicia e loitaría por evitar a fusión. E Feijoo , que chegou ó poder cunha campaña que non fixo el senón que lla fixo un periódico, sabe que sen o apoio de dito periódico duraría dous telediarios.
Asique como monicreque que é terá que facer caso do patrón.
E o que hai.

21 anónimo

Eu creo que sí nos deberíamos fusionar, como votante do PP co 48% dos galegos esa é a política que queremos. Adiante señor Feijoo. Teñamos unha caixa española forte contra os cataláns. Viva a fusión de Caja Madrid, CAM e CaixaGalicia.
E o concurso eólico, adxudicación directa por decreto a Iberdrola e a Fenosa nada que agora son cataláns e non son dos nosos.
E non lle faga caso ó cacique de La Voz, xa sabe como se puxo no seu día co de Fenosa cando marchou para Madrid, fódelle perder a central na Coruña, mais xa se lle pasará o enfado.
Animo señor Feijoo, os galleguiños faremos o que nos manden , coma sempre.

20 anonimus

Moita fobia tedes a todo que soe a Madrid meu benqueridos perdedores de duas eleccións,a todo isto Caixa Galicia xa dixo que non fusionaranse con Caja Madrid.

19 Escladado

Hai anos que retirei os cartos de caixagalicia, cando subvencionaba urbanizacións en Valencia e cobraba aos galegos por ter os cartos na conta e os valencionos tíñano gratis.
Así que por min, que sigan financiando ao Real Madrid, que é o que sempre fixemos os galegos.